formación dixital
O Concello de Burela, a través das áreas de Servizos Sociais e Inmigración, pon en marcha unha nova edición de cursos gratuítos de formación dixital Yo conecto, dirixidos á veciñanza. A iniciativa desenvolverase na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e inclúe catro accións formativas diferentes que se impartirán entre o 23 de febreiro e o 18 de marzo.
Os cursos terán lugar de luns a xoves, en horario de 17:00 a 20:00 horas, e a programación estrutúrase en catro semanas, cada unha dedicada a unha temática concreta relacionada co uso das tecnoloxías.
A primeira formación, Iniciación ao mundo dixital, impartirase do 23 ao 26 de febreiro. Do 2 ao 5 de marzo desenvolverase o curso A túa banca dixital. Compras seguras en liña. A terceira proposta, Ocio dixital: apps para...
leer más



