Folk
O Concello de Viveiro acolleu a presentación do concerto de Amigos do Folk e Brétema, unha iniciativa que se levará a cabo o domingo día 23 coa intención de achegar a música ás parroquias.
O Centro Social de Vieiro será o escenario, a partir das 18:00 horas, desta actividade organizada por Jesús Chao Da Silva, coa colaboración do Concello de Viveiro, a Asociación do alumnado Adulto do Conservatorio e o propio Conservatorio Profesional de Música de Viveiro.
“Dende o Concello consideramos que a promoción da cultura en xeral, e da música en particular, é una prioridade dentro dos servizos que debemos ofrecer á nosa veciñanza”, asegura a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.
“O Conservatorio de Música realiza un traballo exemplar dende hai moitos anos, por iso quixemos colaborar una vez...
leer másO histórico grupo de folk Milladoiro dará un concerto na Casa da Cultura o 13 de maio ás 20:30 horas no que presentará o seu último disco Atlántico e fará un repaso polos seus mellores temas. As entradas xa están á venda.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, explicou que “desde la Delegación de Cultura queremos anunciar que ya están a la venta las entradas para el concierto que tendremos el 13 de mayo. Aprovecharemos esa actuación para conmemorar las Letras Galegas, por la proximidad de ambas fechas. Como concierto estrella tendremos a Milladoiro, un grupo de sobra conocido que cuenta con una amplia historia en la música tradicional gallega. Llevan más de 40 años, van para 50, en los escenarios recibiendo muchos premios y galardones, actuando en sitios muy ilustres y probablemente estamos ante uno de los grupos más valorados a nivel...
leer másA asociación cultural A Pomba do Arco organiza o vindeiro xoves, 7 de abril, ás 20:30 na Casa da Cultura de Foz un concerto de presentación do último disco de Ugia Pedreira.
O traballo, titulado Segmento Cantábrico, mistura spoken word, poesía e canción; un álbum de composición folk, de folk progresivo, que aúna formas tradicionais do litoral cantábrico con outros sabores da world music europea e do folk americano.
Ugia Pedreira, como todos vos sabedes é unha das voces máis recoñecidas da musica galega actual. Nada en Vilaronte, A Mariña marca absolutamente a súa música.
Este venres, 20 de xullo, no Cámping Gaivota, en Barreiros, darán comezo as Queimadas Proletarias mesturadas con Músicas de Raíz. Será coa actuación de Tis Che Tein a partires das once da noite.
O artista barreirense Celso Dourado explicou que “como é tradicional no Cámping Gaivota iniciamos as queimadas todos os venres durante os meses de xullo e agosto. Nesta ocasión vainos visitar unha vez máis Tis Che Tein. É un grupo que xa estivera o ano pasado, pero por mor da choiva tivemos que suspender a súa actuación e quedou pendente para este 2018”.
Dourado dixo que “é un grupo que eles mesmos se definen como de folk tabernario, se forma entorno ás terrazas de Santiago de Compostela, traballan unha música que bebe do folk irlandés esencialmente e os seus membros, ademais desta formación que teñen que é moi dinámica,...
leer másO cámping Gaivota, en Barreiros acolle este venres, 4 de agosto, un novo concerto dentro das súas Queimadas Proletarias. O grupo de folk tabernario Tis Che Tein actuará a partires das 23:00 horas.
O promotor destas actividades, Celso Dourado, sinalou que “é unha nova cita, unha máis, e esta vez vainos acompañar Tis Che Tein. É un grupo de Santiago formado nos bares a altas horas da noite, beben do folk, beben do celta, e case todos os seus compoñentes forman parte doutros grupos. Os máis coñecidos posiblemente sexan Os de Abaixo. A maior parte deste grupo forma parte tamén de Os de abaixo”.
Dourado explicou que “é un tipo de música moi coidada, moi elaborada. Estamos falando de xente cunha grande formación que leva moitos anos tocando pese á súa xuventude. É habitual velos nas rúas de Santiago tanto no Gramola,...
leer más