Campamento
O Concello de Lourenzá e o Centro de Formación e Ocio Kativ@s organizan para os meses de xullo e agosto o Campamento Súper Chef. Está dirixido a nen@s de 3 a 12 anos en horario de 09:00 a 14:00 horas de luns a venres.
O concelleiro de Cultura, Manuel Arango, explica que “nesta actividade preténdense contar coa colaboración do comercio local e de profesionais da hostalería. O Concello subvenciona o 50 por cento do prezo da actividade, sendo o custo final para as familias de 55 euros por nen@ e mes, cun desconto do 20 por cento a partir do segundo irmán. O prazo de inscrición remata o 26 de xuño e pode realizarse nas oficinas municipais ou na biblioteca do Concello”.
Manuel Arango engade que “tal é como aparecía no programa electoral dos socialistas de Lourenzá, as Escolas de Verán e de Nadal son unha das...
leer másOs días 7 e 8 de outubro celebrarase o Campamento de Outono no Pereiro, en Alfoz, organizado por Chao de Castro Altair de Burela.
A actividade está dirixida a nen@s de 7 a 14 anos e abarca dende música, ata cociña pasando por sendeirismo, animais e lecer ao aire libre. O prezo para os non soci@s de Altair é de 28 euros, e inclúe transporte, comida, material, seguros e póliza de accidentes ademais da cota do mes de outubro para quen queira continuar na asociación. O prazo para anotarse remata o 6 de outubro, e as inscricións poden facerse nos números de teléfono 685 325 153 (Bruno-educador), 659 737 312 (Fátima-educadora) e 639 669 134 (Geno-nai representante das familias asociadas, o una dirección de correo chaodecastro.altair.burela@gmail.com.
A Deputada de Economía e Facenda e Alcaldesa de Trabada, Mayra García Bermúdez, mantivo un encontro cos 25 nenos que están a participar no Campamento Infantil Urbano, que organiza o Concello, e que financia o organismo provincial 8.000 euros, e que servirán tamén para realizar ciclos teatrais ou talleres de manualidades, entre outros.
A Deputada explicou que “este completo programa de actividades culturais, que contribúe a conciliar a vida laboral e familiar dos veciños da vila, é unha oferta lúdica que esperta moito interese entre os máis pequenos do Concello”.
García Bermúdez subliñou que os nenos que participan nesta iniciativa “realizan xogos educativos e musicais, de interpretación, artísticos, experimentais e de educación en valores; e desenvólvense no Pavillón deportivo da vila”. Osrapaces,con idades entre os 3 e 12 anos,desfrutarán desta programación ata o 31...
leer másA asociación Chao de Castro Altair de Burela organiza un ano máis un campamento de primavera os días 8, 9 e 10 de abril. Terá lugar no centro social de Xerdiz en Ourol e está dirixido a nen@s de 7 a 14 anos.
O programa que se desenvolverá vai desde lecer ao aire libre, música, cociña, sendeirismo, xogos e actividades sobre animais e natureza. O prezo é 38 euros para socias/os e 56€ para non socias/os. Inclúe o transporte ao campamento, comidas, tendas de campaña, material de actividades, seguro e cota do mes de abril para as persoas que non sexan socias e queiran seguir participando nas actividades semanais en Burela, os domingos entre as 17:00 e as 20:00 horas.
O prazo para anotarse remata o venres 7 de abril, e as inscrición pode facerse no sitio web da asociación...
leer más