Regueifa
As áreas de Mocidade e Educación do Concello de Burela impulsan uns Obradoiros de Regueifa nos centros educativos do municipio, dirixidos tanto a alumnado de primaria como de secundaria.
A actividade xa tivo lugar no IES Monte Castelo e no CEIP Virxe do Carme, onde se repetirá os días 21 de marzo e 11 de abril respectivamente. Tamén se achegará a iniciativa ó IES Perdouro e ó CEIP Vista Alegre.
Os rapaces e as rapazas xa estiveron traballando nesta forma de expresión e improvisación cos seus mestres, para logo aprender en profundidade con Cristian Gómez da Asociación Erre que Erre.
“É unha actividade que cremos moi positiva para a mocidade, posto que os rapaces aprenden sobre a nosa cultura, practican o noso idioma, melloran o seu léxico, desenvolven a creatividade, a improvisación, a...
leer másA Sociedade Cultural Ledicia de Burela organiza un obradoiro de iniciación á regueifa aberto ao público en xeral.
A actividade desenvolverase desde o 11/12 de xullo ata o 27/28 de agosto e será impartida por Cristian Gómez Mesa, a través do proxecto Non perdas o norte. O horario está por determinar, dependendo do interese das persoas participantes, pero en principio haberá un grupo de mañá e outro de tarde. O custe é de 15 euros para soci@s e 20€ para non soci@s.
As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 616 99 50 97 e 617 31 30 70 ou en lediciascr@gmail.com.