Viloalle

Etiquetas:
04/09/2025

A parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo, está de festas os días 6 e 7 de setembro, sábado e domingo.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, amenizada polo trío Stylo, que tamén actuará pola noite na verbena.

E para o domingo está programada misa solemne para as 13 horas e a continuación terá lugar a procesión e a sesión vermú, co dúo Primera Fila, que tamén amenizará a verbena.

Etiquetas:
01/09/2024

Viloalle, en Mondoñedo, celebrará as súas grandes festas os días 7 e 8 de setembro.

O sábado, 7 de setembro, os actos comezarán cunha misa solemne á unha da tarde, seguida da tradicional procesión. A xornada continuará coa sesión vermú, amenizada polo Dúo Son de Festa. Pola noite, a verbena contará coa actuación do Dúo Son de Festa e o Dúo Maracuya, garantindo diversión para todos os asistentes.

O domingo, 8 de setembro, repetirase o esquema festivo con outra misa solemne á unha da tarde, seguida de procesión. A festa continuará coa sesión vermú e verbena a cargo do Dúo Belinda.