Viloalle, en Mondoñedo, está de festas os días 6 e 7 de setembro

A parroquia de Viloalle, no concello de Mondoñedo, está de festas os días 6 e 7 de setembro, sábado e domingo.

O sábado celebrarase misa solemne ás 13 horas e despois haberá procesión e sesión vermú, amenizada polo trío Stylo, que tamén actuará pola noite na verbena.

E para o domingo está programada misa solemne para as 13 horas e a continuación terá lugar a procesión e a sesión vermú, co dúo Primera Fila, que tamén amenizará a verbena.