![](https://www.faroocionorte.com/sites/default/files/styles/juicebox_medium/public/fotos-noticias/2020/current-datecustomm/xove2_4.jpg?itok=ndMD-B7G)
O Concello de Xove anuncia a cancelación do Campamento de Verán.
Dende o Concello comunican que “tras sopesar as diferentes posibilidades que tiñamos para desenvolver o noso campamento Xove Concilia Verán, finalmente decidimos a súa cancelación e pospoñelo ao verán 2021. Estivemos esperando a ver se a evolución da pandemia permitía poder realizar un campamento en condicións”.
O Concello de Xove engade que “debido ás restricións impostas pola crise sanitaria, víamos imposible organizar a devandita acción de conciliación garantindo as medidas de distancia de seguridade interpersoal e as medidas de hixiene e prevención. Todo isto unido aos recentes rebrotes xurdidos na comarca, afiánzanos a decisión tomada, pensando sempre na seguridade dos/as menores participantes e dos/as monitores”.