Certame

Etiquetas:
19/10/2016
Convocado o I Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo. As modalidades serán relato curto, poesía e debuxo.
 
O I Certame Literario e de Artes Plásticas Xuvenil Concello de Ribadeo foi presentado este mediodía no salón de plenos da Casa do Concello. Os traballos nas modalidades de relato curto, poesía e debuxo terán de prazo para presentarse ata o 31 de xaneiro do 2017. Poden presentarse todos aqueles rapaces e rapazas nados entre o 1 de xaneiro de 1976 e o 31 de decembro de 2000, que cursaron os seus estudos en Ribadeo, en primaria, secundaria ou FP. 
 
Na presentación o concelleiro de Cultura, Farruco Graña, lembrou que “ata o de agora mozos e mozas de Ribadeo, de Barreiros ou de Trabada que estudaban aquí a secundaria cando eran pequenos podían participar e poden seguir participando nos concursos clásicos que convoca a Biblioteca Municipal El Viejo Pancho en coordinación coas demais bibliotecas...
leer más
11/04/2016
A asociación de veciños Burgo de Trasbar organiza o III Certame Literario das Letras Galegas. O tema é "Lendas" e os traballos poden presentarse ata o 8 de maio.
 
A asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o III Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Lendas”. 
 
As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto). 
 
O prazo de presentación dos traballos rematará o 8 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección:...
leer más