O documental “Luísa Villalta. A rebelión da palabra” será presentado en Ribadeo este sábado, 18 de maio

O documental titulado “Luísa Villalta. A rebelión da palabra” será presentado no Teatro de Ribadeo este sábado, 18 de maio, ás 20:30 horas.

É una actividade organizada pola Agrupación Cultural Francisco Lanza, de Ribadeo, que anuncia: “o sábado 18 de maio imos ter un acto no Teatro para conmemorarmos o Día das Letras Galegas. Imos presentar, da man dunha das súas guionistas, a ribadense Alba López Álvarez, o documental "Luisa Villalta. A rebelión da palabra".