A Federación de Comercio A Mariña e BeOne renovan o seu convenio de colaboración para o III ciclo de charlas sobre o futuro laboral na comarca

A Federación de Comercio A Mariña e BeOne renovaron o seu convenio de colaboración polo que esta empresa estará presente na terceira edición do ciclo de charlas sobre o futuro laboral nesta comarca, que se desenvolverá ao longo do presente curso 2026-2027. A FCAM e BeOne así o plasmaron no documento asinado polo CEO da empresa, Roberto Ramos, e pola presidenta da federación empresarial mariñá, Carmen Cruzado.

Cruzado Iglesias tivo palabras de agradecemento: “desde a FCAM queremos agradecerlle o seu apoio económico a BeOne, xa que estará presente como entidade patrocinadora na terceira edición do ciclo sobre o futuro laboral na Mariña. Volveremos así aos centros de ensino da comarca para seguir contándolle á mocidade que aquí hai traballos moi dignos en moitos sectores e empresas e que na Mariña hai futuro”.

A presidenta da FCAM anunciou que “esta terceira edición chega con máis novidades, que daremos a coñecer proximamente”. E engadiu: “desexamos que esta colaboración poida ter continuidade no futuro e que sexa moi positiva tanto para a FCAM como para BeOne. É o segundo ano no que contamos con esta firma para este ciclo que botará a andar nas vindeiras semanas. Aqueles centros de ensino da Mariña que queiran que os visitemos o único que teñen que facer é poñerse en contacto con nos no seguinte correo electrónico amarinafederacionlugo@gmail.com”.

O CEO de BeOne, Roberto Ramos, dixo: “estamos contentos de seguir formando parte de este proyecto de la FCAM para apostar y poner en valor los puestos de trabajo que hay en esta comarca, donde somos conocedores de que existe una gran demanda de mano de obra en todos los sectores, que por el momento no se está pudiendo cubrir”.

Para Ramos “es importante contarle a nuestros adolescentes que aquí, en A Mariña, se puede trabajar, se puede emprender y se puede vivir en muy buenas condiciones”.