Cinco mulleres son as gañadoras da campaña da Volta ao Cole da FCAM. Cada unha recibirá 100 euros en vales de compra para consumir nos comercios asociados

Cinco mulleres son as gañadores da campaña da Volta ao Cole da FCAM. O sorteo tivo lugar nas últimas horas e o vídeo xa pode verse nas redes sociais de A Mariña Federación.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explicou que “a cada tícket enviado ao correo electrónico de A Mariña Federación ao longo de todo o mes de setembro foille asignado un número por orden de recepción ou chegada. Todos foron introducidos nunha urna e os extraídos e premiados son o 135, o 3, o 110, o 10 e o 13”.

O número 135 foi por unha compra realizada en Mimimó Viveiro por Margarita; o 3 correspondeu a unha adquisición feita en O Bispo Roupa, na Pontenova, por Vanesa; o 110 foi por unha compra en Librería Nobel, en Burela, por Paula; o 10 por unha en Telbar, na Pontenova, por Carmen; e o 13 foi por unha compra feita tamén en O Bispo Roupa, na Pontenova, por Julieth.

Carmen Cruzado Iglesias felicitou ás afortunadas que “recibirán 100 euros en vales de compra cada unha para consumir nos negocios asociados á FCAM. Grazas por confiar no comercio local durante o mes de setembro e por participar na nosa campaña da Volta ao Cole”.