Ata o 30 de setembro segue a campaña da volta ao cole da FCAM, que sortea 500 euros en vales de compra

Ata o día 30 de setembro segue a campaña da Volta ao Cole da FCAM (Federación de Comercio A Mariña), que sortea 500 euros en vales de compra.

A presidenta da FCAM, Carmen Cruzado, explica que “o obxectivo é premiar a fidelidade da clientela no comercio asociado da Mariña. Esta campaña ven complementar ás que están levando adiante algunhas das asociacións que forman parte da FCAM e axudar a aquelas outras que non teñen campaña propia de Volta ao Cole nestas datas”.

Cruzado Iglesias lembra que “participar na campaña da FCAM é moi sinxelo. Aquelas persoas que durante o mes de setembro fagan as súas compras nos comercios asociados a calquera das nosas Acias/CCAs o único que terán que facer é mandar unha foto do seu tícket de compra ao correo electrónico amarinafederacionlugo@gmail.com indicando na mensaxe Volta ao cole na Mariña Lucense e engadir o número de teléfono da persoa participante. Logo o 1 de outubro terá lugar o sorteo de 5 vales de compra de 100 euros cada un, para consumir no comercio local asociado”.

Cruzado Iglesias dixo tamén que “a campaña está indo ben. Estamos a recibir fotos dos tíckets de compra, pero queremos que nos cheguen moitos máis. Animamos ás familias mariñás a aproveitar esta campaña para poder participar no sorteo deses 500 euros, que sempre son moi benvidos nunha época de moitos gastos”.