Terapia
O Concello de Trabada pon en marcha un novo curso do programa de terapia ocupacional dirixido ás persoas maiores, “unha iniciativa gratuíta que se vén desenvolvendo desde hai anos e que conta cunha moi boa acollida entre as persoas participantes”.
As sesións comezarán os días 29 e 30 de setembro e 1 de outubro, e continuarán ata o mes de xuño. A actividade desenvolverase os martes, mércores e xoves, achegándose a diferentes parroquias do concello para facilitar a participación das persoas maiores.
“Da man dun profesional da terapia ocupacional, durante as sesións realízanse diferentes exercicios e dinámicas orientadas a traballar tanto a parte física como a cognitiva, contribuíndo a manter a axilidade, estimular as capacidades e favorecer un envellecemento activo”, explica o Concello de Trabada.
... leer másO Concello de Trabada inicia o programa semanal de Terapia Ocupacional, unha actividade pensada para mellorar o benestar e a calidade de vida das persoas maiores do municipio. As sesións desenvolveranse de xeito descentralizado nas diferentes parroquias. O programa comezará o martes 23 de setembro na antiga escola de Vidal ás catro da tarde; e ás seis da tarde, no Teleclube de Sante. O mércores 24 de setembro as actividades terán lugar na antiga escola de Valboa ás catro da tarde; e ás seis na Casa da Cultura de Trabada. Finalmente, o xoves 25 de setembro o Teleclube de Vilapena acollerá unha sesión ás catro da tarde, mentres que a Escola de Abres recibirá aos participantes ás seis da tarde.
O alcalde de Trabada, Rubén García Freije, destacou que “despois de iniciar o curso escolar, tamén damos comezo ao curso de actividades para os nosos...
leer másA Concellaría de Servizos Sociosanitarios organiza unha actividade para o coidado da espalda, dirixida a toda a poboación ribadense.
Realizarase durante os meses de marzo, abril e maio. Terá lugar na Casa da Xuventude e desenvolverase os martes e xoves, de 17:30 a 18:30 horas.Esta actividade dará comezo o 7 de marzo.
É gratuíta e o número de prazas é limitado. As persoas interesadas poden obter máis información e inscribirse na OMIX-Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero-15, ou chamando ao número de teléfono 982 129 889. O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro luns, 25 de febreiro.





