Viveiro acolle unha charla da Policía Nacional sobre seguridade para os maiores este mércores, 8 de outubro

Viveiro acollerá unha charla da Policía Nacional sobre seguridade para os maiores. Será este mércores, día 8 de outubro, ás 16:30 horas na Aula CEMIT, que está nos Claustros de San Francisco.

O Concello de Viveiro anuncia que “a Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer (AFA) de Viveiro e a Policía Nacional invítanlles a unha charla informativa sobre o Plan Maior Seguridade. Esta é unha excelente oportunidade para aprender a previr situacións de risco e protexerse fronte a delitos comúns. Temas a tratar: Roubos en domicilios e entidades financeiras, estafas, furtos, e resolución de dúbidas de interese para o día a día”.