Narración
Mondoñedo acollerá os próximos días 24, 25 e 26 a segunda edición de NOGA, Colectivo de Narración Oral Galega, que conta cun amplo programa de actividades tanto para os profesionais como para o público en xeral.
A apertura do encontro será ás 21.00 horas do día 24 no auditorio municipal Pascual Veiga; a entrada é libre, ata completar o aforo.A gala de apertura estará conducida por Carmen Conde.
Para o sábado, 25, o programa é o seguinte: de 10.00 a 11.30, haberá un obradoiro, titulado Falamos da voz, da man de Faia Díaz, cantante e historiadora da Arte; á mesma hora desenvolverase unha charla a cargo da xornalista Eva Mejuto, sobre Conto, igualdade e diversidade. De 11.30 a 12.30 Pablo Ángel Meira Cartea, profesor de Educación Ambiental na USC, exporá a ponencia O cambio climático non existe...É un conto. Despois...
leer másA Biblioteca Pública Municipal El Viejo Pancho de Ribadeo convoca a fase local do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2018. O prazo de presentación de traballos remata o 8 de maio.
Na modalidade de Narración os traballos presentados serán en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, e o tema proposto é Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional: O lobo e vexetariano?, Carrapuchiña feroz?, Cincento no canto de Cincenta?, Unha Bela que nunca dorme?.
No apartado de Debuxo terán que ser feitos sobre cartolina de tamaño aproximado de DIN A4 (folio) e tamén sobre o tema Como cambiou o conto ou Como darlle a volta ao conto tradicional.
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a computador ou a man,...
leer más