A Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, de Alfoz, convoca un certame de narración e debuxo para celebrar o Día das Letras Galegas, este ano dedicado a Xela Arias. Os organizadores do concurso animan “aos máis cativos da casa a crear arte na nosa lingua”.
A temática do certame é libre, hai premios para os mellores traballos e divídense en catro categorías: ata 5 anos de idade, de 6 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.
O prazo para entregar o traballos remata o 14 de maio.
Para organizar esta actividade a Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo conta coa colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo e a Xunta de Galicia.