O salón de actos do Concello de Alfoz acollerá un espectáculo de narración oral para nenas e nenos a cargo de Raquel Queizás sobre a vida e a bora da poeta Luísa Villalta, autora á que se dedica o Día das Letras Galegas este ano. Esta representación, titulada “As chaves de Lu”, será o venres 10 de maio ás 12:00 horas.
É unha actividade organizada pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo, coa colaboración do Concello de Alfoz.