O Concello de Cervo convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas. O prazo está aberto ata o 13 de maio

O Concello de Cervo convoca un certame de narración e debuxo infantil con motivo do Día das Letras Galegas. O prazo para presentar os traballos na Biblioteca Municipal está aberto ata o día 13 de maio.

O alumnado dos centros escolares do municipio -CEIP de Cervo, CEIP Península da Paz e IES Marqués de Sargadelos- recibiu un marcapáxinas que contén as bases do concurso.

O certame está aberto a todos os nenos e nenas, que deberán presentar unha narración en galego ou un debuxo baixo a temática Ler con Coñecemento.  O fallo do xurado local farase público antes do 17 de maio, Día das Letras Galegas.

Os traballos premiados nesta primeira fase local participarán na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, baixo o patrocinio da Consellería de Cultura, da Xunta de Galicia.