Xornadas

Etiquetas:
15/04/2021

Desde mañá, venres, ata o domingo 18 celébranse en máis de corenta establecementos hostaleiros focenses as xornadas gastronómicas dedicadas á horta da Mariña. Están incluídas na iniciativa imPULSA FOZ, que organiza o Concello coa colaboración da ACIA local.

Entre os clientes que participen nestas xornadas sortearanse dez vales de compra de 50 euros cada un para consumir no comercio e na hostalería do concello.

O alcalde, Fran Cajoto, lembra que “estas xornadas gastronómicas enmárcanse dentro do plan de impulso á hostalería e comercio locais promovido polo Concello e consensuado con profesionais da hostalería e coa ACIA local”.

O rexedor municipal anima a participar nestas xornadas cumprindo todas as medidas sanitarias.

 

Etiquetas:
13/03/2021

O Concello de Foz organiza, coa colaboración da ACIA-CCA, unhas xornadas gastronómicas nos meses de marzo e abril, nas que investirá unha cifra total de 20.000 euros. Este programa de promoción parte das medidas de impulso á hostalería acordadas co sector, explica o alcalde, Fran Cajoto.

Ademais o rexedor municipal recorda que “no pleno do mes de febreiro  procedeuse á aprobación da derrogación da ordenanza fiscal de terrazas, co cal se elimina o cobro desa taxa durante un período dun ano, e anteriormente emitiuse un decreto eliminando o cobro das terrazas e do lixo durante o peche obrigado dos establecementos. O sector hostaleiro é un dos máis afectados pola pandemia e a pesar de que o organismo con competencias e medios - a Xunta de Galicia - é quen  ten que indemnizar polas medidas de restricións impostas, os concellos tamén debemos...

leer más
Etiquetas:
28/01/2021

O alcalde focego, Fran Cajoto, anunciou a suspensión das xornadas gastronómicas imPULSA Foz, que comezaron a semana pasada. É unha das consecuencias das novas restricións sanitarias impostas pola Xunta de Galicia.

“Organizamos estas xornadas como un impulso á hostalería local, poñendo o acento no consumo responsable nos nosos establecementos e axudando a bares, restaurantes e comercios con 2.000 euros en vales canxeables en establecementos de Foz. Este mércores día 27 fíxose o primeiro sorteo, de 500 euros en 10 vales de 50 euros. Sen embargo dadas as novas restricións e o peche obrigado da hostalería, debemos ser consecuentes e proceder á suspensión temporal da campaña”, explicou Fran Cajoto.

 

Etiquetas:
20/01/2021

Este xoves comezan as xornadas gastronómicas ImpulsaFoz coas dedicadas ao do chícaro. O alcalde, Fran Cajoto, explica: “recordamos así a festa do berberecho, un evento que se celebraba nestas datas e ao que acudían moitos veciños e veciñas de Foz e doutros lugares para degustar este riquísimo molusco”.

O rexedor municipal engade que “a seguinte fin de semana recordaremos o San Blas a través da tapa dos callos; xa metidos en Entroido teremos tapas de cocido; e tamén haberá as xornadas da cociña afrodisíaca, que xa viña realizando a ACIA local nos últimos anos coincidindo co día de San Valentín”.

Fran Cajoto destaca que “todos aqueles veciños e veciñas que acudan aos locais participantes, de xoves a domingo, poderán degustar unha tapa de chícaros ou mercar racións para levar e participarán no sorteo de 2.000 euros...

leer más
Etiquetas:
15/01/2021

O Concello de Foz, coa colaboración de ACIA Foz-CCA presenta hoxe, venres, as xornadas de apoio á hostalería IMPULSA FOZ, que inclúen premios. As primeiras, desde o 21 ao 24 deste mes, están dedicadas ao chícaro (berberecho), porque este ano non se celebra na vila focense a súa tradicional festa gastronómica dedicada a este marisco.

O alcalde, Fran Cajoto, explica que “para todos aqueles focegos e focegas que desfrutan da hostalería local levando á casa a comida preparada polos nosos cociñeiros, degustando con todas as medidas sanitarias e con conviventes dun bo viño e un manxar da nosa terra, en xaneiro e febreiro haberá premio. Semanalmente, farase un sorteo de todos os vales depositados nas furnas dos locais participantes, con 10 premios semanais de 50 euros. Consistirán nuns cheques que se poderán canxear tanto nos locais de hostalería...

leer más
13/01/2021

Tendo en conta a evolución da pandemia e ante a posibilidade dun novo repunte de contaxios, o equipo de goberno de Lourenzá decidiu aprazar ata a primavera ou o outono a realización das IV Xornadas de Historia Local, que tiña previsto desenvolver en febreiro.

O edil de Cultura, Manuel Arango, explica: “cremos que sería unha irresponsabilidade celebras as xornadas nestes momentos, vendo o avance da pandemia tanto en Galicia como na Mariña. Estamos traballando para poder levalas a cabo en canto mellore a situación sanitaria e volvamos a unha nova situación de certa normalidade”.

 

Etiquetas:
19/11/2020

O Concello de Mondoñedo e a Asociación de Produtores de Faba Verdina
de Galicia presentaron nun acto celebrado no Salón de Plenos do Concello
de Mondoñedo a segunda edición das Xornadas Gastronómicas da Faba
Verdina.
Estas II Xornadas Gastronómicas da Faba Verdina de Mondoñedo terán
lugar os días 20, 21 e 22 de novembro, e nelas participan un total de 11
locais de hostalería da localidade. A faba verdina voltará a ser a
protagonista das tapas servidas en Mondoñedo, de xeito que o público
poida desfrutar deste alimento “gourmet” e comprobar a súa
versatilidade na cociña.
Os locais participantes son: Bar Amencer, A Bodeguiña, Bar Castro,
Bodegón da Catedral, A Cova, Restaurante Padornelo, O Petisco, O
Porriño, O Rincón, Viñoteca Segundo (Centro Social) e A Tasca.
Este ano está resultando...

leer más
22/10/2020

O Concello de Viveiro presentou as IV Xornadas de Historia e Arqueoloxía Marítima Cidade de Viveiro, que se celebrarán do 9 ao 13 de novembro e que este ano, por motivo da pandemia da Covid-19, serán totalmente online a través da plataforma Zoom.

Na presentación estiveron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro García; Jesús Fernández Fernández, 1º tenente de Alcalde e concelleiro do Mar; Antón López, delegado para a zona noroeste de España da Federación Española de Actividades Subacuáticas (Fedas), e Alejandro Prieto, Secretario da UNED de Lugo.

A inscrición será ata o 6 de novembro. Uns días antes do inicio das xornadas, remitirase ao correo electrónico dos participantes o enlace de Zoom para acceder ás sesións.

As xornadas inclúen un total de oito conferencias charlas, dúas delas de...

leer más
Etiquetas:
22/10/2020

A Delegación Territorial da Xunta en Lugo acolleu hoxe a presentación das XIII Xornadas Abrindo Camiño que se celebran esta fin de semana en Mondoñedo para promocionar a ruta xacobea do Norte. Están organizadas pola asociación do mesmo nome (Abrindo Camiño), coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo. No acto participaron o delegado territorial, Javier Arias; Luís Fernández Ansedes, presidente da entidade organizadora, e a concelleira Patricia Otero.

O Goberno galego patrocina as xornadas, que serven para poñer de manifesto a riqueza cultural, patrimonial e gastronómica da ruta, mediante charlas, visitas guiadas, exposicións ou concertos.

A programación desenvolverase entre o venres 23 e o domingo 25 de outubro. Inclúe exposicións de fotografía, do Museo das Zocas e da artesanía do barrio dos...

leer más
Etiquetas:
01/10/2020

O restaurante O Forno de Tovar, de Lourenzá, organiza unhas xornadas gastronómicas dedicadas á faba de Lourenzá desde mañá, venres, ata este domingo.

Os tres días servirá diversas elaboracións con fabas: con xabaril e cogomelos; con bonito de Burela e algas; con callos de tenreira; con compango de porco celta; e con galiña de Mos e ovo. E tamén ofrecerá unha tapa especial, que é vieira ao forno con fabas e mexillóns, a un prezo de 1,5 euros.

E para o domingo ao mediodía O Forno de Tovar prepara un menú degustación especial Festa da Faba cos seguintes pratos: timbal de faba fresca con setas, panceta de porco celta e foie; verdinas con bacallau e os seus callos; galiña de Mos con quiche de fabas e salsa cítrica; postre caseiro e pan artesán. O prezo por persoa é de 28 euros, bodega aparte. 

... leer más