O Barqueiro
Este luns, 1 de xullo, ábrese o prazo de inscricións para a 1ª Andaina Solidaria organizada por Nordés, a asociación polo desenvolvemento das Terras da Faladora, en colaboración co Concello de Mañón.
Esta andaina, cun percorrido de 5 kms con saída e chegada á Praza do Mesón de O Barqueiro, terá lugar o sábado 20 de xullo, estando aberto o prazo para as inscricións ata o venres 19.
O prezo da inscrición solidaria é de 15 € para os adultos e 10€ para menores de 18 anos, destinándose a totalidade do recadado para unha causa solidaria, que nesta ocasión será a doazón dos cartos a unha ONG ou institución que traballe coa infancia na Franxa de Gaza. Sabido é que dende outubro pasado máis de 14 mil menores foron mortos nese territorio do estado Palestino pola acción dos bombardeos, accións bélicas, fame ou enfermidades...
leer másO mes de xullo do 61 quedou marcado a madeira, morte e salitre na memoria colectiva dos pobos mariñeiros dende Brest ata Ferrol de tal xeito que agora, 60 anos despois, e cando xa moitos dos protagonistas que saíron con vida daquela terrible experiencia que foi pasar unha galerna non están entre nós, perviven na transmisión oral moitos feitos e anécdotas do acontecido en alta mar e nos portos aos que ían chegando barcos desfeitos e novas de vivos e mortos.
Como homenaxe a tódolos mariñeiros e ás súas familias, e co obxectivo de deixar para a posteridade en formato audiovisual as vivencias das xentes do mar da nosa contorna, Nordés veu a producir, en colaboración co Concello de O Vicedo, un documental que leva por título “Ecos da Galerna do 61”, realizado por Pinancho audiovisuais e que vai ser estreado os días 10, 11 e 17 de xullo nas...
leer másO 27 de xaneiro as localidades do Barqueiro e Bares acollerán a primeira edición dos "Encontros Mareiros" que, organizados por Nordés (Asociación de Desenvolvemento das Terras do Sor e a Faladora), terán tres actividades: unha visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro; un xantar mariñeiro e unha charla sobre a pesca do peixorro, o tubarón peregrino.
A nova directiva de Nordés, encabezada por Martín Caínzos (Loiba), acaba de aprobar o programa xeral de actuacións para 2018 e xa estamos á vista dos primeiros resultados efectivos. Para o último sábado de xaneiro está prevista unha xornada cun título moi suxestivo: Encontros Mareiros. A actividade comezará ás 11 da mañá coa visita guiada ao Museo do Mar do Barqueiro, creado por Daniel Béaz. A participación está aberta para as 25 primeiras persoas que realicen a inscrición (gratuíta).
... leer másO 24 de agosto comezan no concello de Mañón, en O Barqueiro, as VII Xornadas Memoria dun tempo, organizadas pola asociación Nordés e que se desenvolverán ata o sábado 26.
Nesta edición as xornadas están totalmente dedicadas ao papel da muller dende a perspectiva da memoria histórica, e o xoves 24 intervirán Victoria Martíns Rodríguez e Ángel Rodríguez co relatorio O compromiso coa igualdade: unha visión de futuro desde a análise do pasado. Previamente proxectarase o seu documental Digna Rabia, ás 20:00 horas no salón de actos do Concello de Mañón.
O venres 25, participará Montse Fajardo Pérez quen forma parte do equipo redactor do programa A memoria das mulleres, promovido pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Pontevedra, e é tamén autora de ...
leer másA asociación Nordés Faladora organiza unha viaxe a Lugo o 22 de abril para visitar o Museo Provincial e a Catedral ademais do Castro de Viladonga e Fonmiñá.
A xornada comezará coa visita guiada que os participantes realizarán a partires das 11:00 horas ao Museo Provincial e posteriormente á Catedral de Santa María, onde se poden atopar os estilos románico, gótico, barroco, renacentista e neoclásico.
Durante a tarde, a partires das 16:00 horas, desprazaranse ao Castro de Viladonga que foi habitado entre os séculos II e V d.c., á Lagoa de Fonmiñá e ao Pedregal de Irimia, nacementos do río Miño.
A última parada do percorrido no Mosteiro de Santa María de Meira, farase se dá tempo xa que o horario estimado de volta cara O Vicedo e O Barqueiro é ás 20:00 horas.
A...
leer más