As XVI Xornadas Memoria dun tempo, que organiza Nordés, terán lugar do 20 ao 22 de agosto no Barqueiro

Na primeira xornada, o día 20 ás 20:00 horas, intervirán Emilio Grandío, que falará sobre “Cambio e modernización: Mañón na Segunda República; o título da charla que pronunciará Hixinio Fuertes será “Chega a guerra ao Barqueiro”; e Xosé Manuel Suárez disertará sobre “Mañonenses no Memorial de Vítimas do franquismo en Ferrol”.

Xa o día 21 tamén ás oito da tarde Carlos Nuevo Cal falará sobre “Lugares da Memoria en Mañón: a Ponte Vella do Barqueiro”; Lucía Santiago disertará sobre “O Plan Cuadrienal de Memoria Democrática e a investigación histórica da fosa en Ribeiras do Sor”; e Fernando Ocampo aludirá a “Os Paseados en Ribeiras do Sor”.

E o día 22 terá lugar ás 13:00 horas do mediodía a homenaxe a Republicanos e Libertarios. 

Os actos terán lugar no Centro Sociocomunitario de O Barqueiro, agás o do sábado que será na Ponte Vella do Barqueiro, “como ven sendo costume”, apuntan desde a organización.