A Ciencieneta
30/07/2025
A iniciativa de divulgación científica itinerante A Ciencieneta estará en Barreiros este xoves, día 31 de xullo, ás 12:00 horas na Praza do Concello.
O Concello de Barreiros anuncia que “este xoves, 31 de xullo, a curiosidade vai encher a Praza do Concello cunha visita moi especial: A Ciencieneta, un laboratorio sobre rodas cargado de experimentos, obradoiros e moita diversión chega a Barreiros. As nenas e nenos que vos acheguedes converterédesvos en auténticas científicas e científicos por un día participando nos obradoiros prácticos e nos retos científicos. En xeral, todo un espectáculo lúdico-cientifico cheo de humor para espertar o interese pola ciencia desde as idades máis temperás”.