Nordés Faladora organiza, por terceiro ano consecutivo, unha xornada dedicada aos cogomelos, que inclúe saída ao monte e degustación. Será o 26 de novembro.

Nordés Faladora organiza, por terceiro ano consecutivo, unha xornada dedicada aos cogomelos, que inclúe saída ao monte e degustación. Será o 26 de novembro.
 
A asociación Nordés dedica por terceiro ano consecutivo unha xornada ás setas e cogomelos o 26 de novembro.
 
Durante a mañá terá lugar unha recolleita cun grupo de 25 persoas polos hábitats que elixe o experto José Luis Cuba. O punto de reunión será ás 8:00 horas no restaurante A Goleta do Barqueiro. A organización aconsella levar roupa axeitada, unha navalla e un cesto.
 
Pola tarde ás 19:30 horas no restaurante Orillamar en Espasante, terá lugar unha demostración gastronómica coas setas e cogomelos recollidos pola mañá.
 
Para asistir a ambas actividades ou a unha soa é preciso chamar ao 653 756 454 (Ricardo). O custe da saída ao monte é de 5 euros e gratuíto para socias e socios. Tamén é de balde para 25 persoas a demostración gastronómica no Orillamar. 
 
Ademais haberá tamén a posibilidade para un número maior de xente de gozar dun menú a base de cogomelos, ás 22:00 horas no restaurante Orillamar, onde terán preparado para 75 persoas un menú que estará composto de crema de tres cogomelos, revolto de níscalos, salteado de boletus con xamón, xarrete en salsa de cogomelos e crema de iogur con castañas, algas e boletus. O custe é de 20 euros por persoa e para asistir tamén é preciso anotarse no número 653 756 454 (Ricardo).
 
Por outra banda o restaurante Orillamar terá tamén esa xornada dende ás 20:30 ata as 22:00 horas varias tapas a 1´5 euros a unidade, como tosta de cogomelos con xamón, queixo de Arzua e cebola caramelizada, pementos recheos e chícharos con xamón e chantarela.