Torresmos

Etiquetas:
19/11/2026

Os días 28 e 29 de novembro terá lugar en Ribadeo unha nova edición das xornadas dos torresmos, que organiza Acisa coa colaboración de Celtagal. Na cita participan 23 locais hostaleiros. 

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a última fin de semana de novembro chegan a Ribadeo as xornadas dos torresmos, unha cita gastronómica na que participarán 23 locais hostaleiros asociados a Acisa, que van ofrecer algo moi tradicional e apetecible, torresmos de porco celta. Celtagal facilítanos de forma gratuíta preto de 40 quilos de touciño de porco celta, que imos distribuír entre os locais participantes, que van contar cunha axuda para poder levar adiante estas xornadas. Desde Acisa facilitámoslles algo de touciño, que logo eles completarán, si así consideran, co que xa teñan nas súas cociñas ou co que lles encarguen ao seus provedores...

leer más