A Asociación Valdeflores organiza unha xornadas sobre saúde e benestar os días 28 de xuño e 2 de xullo en Lourenzá

A Asociación Valdeflores organiza unhas xornadas informativas sobre saúde e benestar que se celebrarán no salón de actos do Concello de Lourenzá e estarán abertas a toda a veciñanza. Serán os días 28 de xuño e 2 de xullo.

Este domingo, día 28 de xuño, ás 18:30 horas haberá unha charla titulada

Hipertensión arterial e diabetes mellitus. Ideas claves para o paciente, a cargo de Alba Blanco Vázquez, médica do Centro de Saúde de Lourenzá.

E o xoves 2 de xullo ás 19:00 horas María José García Veiga, traballadora social do Concello de Lourenzá, falará sobre Autocuidado e envellecemento activo.