Xornada
A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo, coa colaboración do Concello ribadense, organiza unha xornada de sensibilización medioambiental para o día 9 de outubro, luns, ás catro da tarde no salón de actos da antiga Casa Sindical. O relator será José Rodríguez Coello, que é o responsable de Desarrollo de Negocio da delegación de Aenor en Galicia.
Esta actividade está dirixida a empresarios e público en xeral que necesiten adquirir unha visión xeral dos sistemas de xestión ambiental e das repercusións que ten para as empresas a incorporación da variable medioambiental na súa xestión.
Os obxectivos da xornada son: coñecer o enfoque xeral da familia de Normas ISO 14000 e os requisitos da Norma UNE-EN ISO 14001:2015; comprender os principios da xestión ambiental e os...
leer másO Concello de Cervo programa unha xornada de portas abertas na que convida a todos os artesáns interesados a visitar as instalacións do futuro centro de Artesanía de Sargadelos.
Segundo sinalou o alcalde, Alfonso Villares, “hoxe mesmo enviamos unha comunicación por correo postal a todos os artesáns que amosaron o seu interese por formar parte deste Centro de Artesanía que poremos en marcha en Sargadelos, para convocalos o xoves, 6 de abril, ás 12:00 horas no antigo edificio das Cabalerizas, para que poidan ver, en primeira persoa, o resultado das obras que alí se acometeron, e os espazos que se acondicionaron para este fin”.
É un paso máis –engadiu- “que damos dende O Concello de Cervo para a posta en marcha deste Centro de Artesanía que ocupará un edificio de 840 metros cadrados que acabamos de rehabilitar e que...
leer másO Concello de Cervo, a través da delegación de Deportes e en colaboración coa Escola de Mergullo Centro de Actividades Subacuáticas Costa Lugo, organiza unha xornada de bautismo de mergullo na Piscina Olímpica de San Cibrao.
A actividade terá lugar este sábado, 18 de marzo, en horario de mañá en tres quendas: 10.30h-11.30h, 11.30h-12.30h e 12.30h-13.30h.
A día de hoxe son unha vintena as persoas inscritas, e o prazo para anotarse pecha mañá, ás 12 do mediodía.
A inscrición está aberta a tódalas persoas maiores de 16 anos, que non teñan ningunha contraindicación médica.
Hai un máximo de 30 prazas. Os interesados poden anotarse na propia piscina de San Ciprián, chamando ao teléfono 609.42.32.10 ou enviando un correo electrónico a...
leer más