
Viveiro acollerá este venres, día 13 de marzo, unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino. Será na Sala Multiusos do Concello ás 20:00 horas.
O Concello de Viveiro anuncia: “dentro da programación do 8M, convidámosvos a unha xornada de reflexión e posta en valor do liderado feminino en diversos ámbitos da nosa sociedade. Contaremos coa presenza de referentes en sectores tan diversos como o gandeiro, o marítimo, a saúde, a enxeñaría ou a estratexia empresarial. Mulleres que, co seu exemplo e loita, lideran o territorio e os sectores estratéxicos”.


