Barreiros acolle unha xornada sobre mulleres do medio rural o xoves 5 de xuño

O xoves 5 de xuño terá lugar a xornada titulada Mulleres do medio rural en acción. Será en Barreiros, concretamente na Escola Indiana de San Miguel de Reinante, dende as 11 da mañá até ás 18:30 da tarde.

Na xornada intervirán a secretaria xeral do Sindicato Labrego, a laurentina Isabel Vilalba Seivane; Marta Vázquez Rouco, da asociación A Estruga, de Vilalba; Dolores Carmen Tourón Río, da asociación As Espigadoras; e Lola Cancio Álvarez, da asociación asturiana NIA.

Esta actividade forma parte do programa Tecendo Redes no Rural: Mulleres, PAC e Titularidade Compartida, organizado pola Confederación de Mujeres del Mundo Rural) e a Asociación Labregas, que conta co financiamento do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación (MAPA).

As persoas interesadas en máis información e na inscrición poden contactar coa organización da xornada a través do teléfono 606.398.305.