
Este mércores, día 25 de xuño, no Centro Sociocomunitario de Ribadeo haberá unha xornada centrada no benestar mental e emocional das familias. Será de 16:00 a 22:00 horas. Para participar hai que inscribirse no Concello de Ribadeo.
É unha actividade acreditada por AFAMMER Lugo e Grupo Forma-T, dentro do plan Corresponsables, da Xunta de Galicia e do Ministerio de Igualdade.