Marzo

Etiquetas:
25/02/2024

A compañía Talía Teatro presentará a obra titulada “Unha inimiga do pobo” o sábado 16 de marzo ás 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Estaba programada para o pasado sábado, 24 de febreiro, pero tivo que ser aprazada debido á baixa por enfermidade dun dos actores, explicou o Concello de Viveiro. 

“Unha inimiga do pobo” é un drama para público adulto, ten unha duración de 90 minutos, o director é Tito Asorey, que tamén fixo a adaptación xunto a Vanesa Sotelo, e o elenco está formado por Marta Lado, Toño Casais, Dani Trillo, Rubén Prieto, Marta Ríos, María Ordóñez, Diego Rey, Artur Trillo e Xurxo Barcala.

Talía Teatro explica que “Unha inimiga do pobo é a adaptación dunha das pezas máis significativas da literatura dramática universal. Cento corenta anos despois o texto de Henrik Ibsen segue a servir de material...

leer más
Etiquetas:
05/03/2020

A Concellería de Cultura de Burela inicia a súa programación de mes de marzo coa ópera Rigoletto, que se presentará este domingo, 8 de marzo, ás 19:00 horas no Auditorio Municipal.

Esta representación da ópera Rigoletto, de Giuseppe Verdi, correrá a cargo da Orquestra e Coros do Teatro Nacional de Moldavia e solistas internacionais convidados. As entradas, á venda en ataquilla.com, están case esgotadas pero o propio día do espectáculo poranse á venda na billeteira arredor de 50 localidades.

O 14 de marzo haberá teatro a cargo do grupo Andanzas de Viveiro, que porá en escena a obra El caso de la mujer asesinadita, de Miguel Mihura e Álvaro de la Iglesia. A actuación será no Auditorio Municipal ás 20:30 horas e a entrada será de balde.

O 17 de marzo terá lugar a presentación da Semana Santa...

leer más