A Chocolateira
27/05/2024
A Asociación Musical A Chocolateira, da Pontenova, organiza a súa sétima foliada para este sábado, 1 de xuño.
As actividades empezarán ás 12:00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14:00 horas terá lugar a actividade “Honra os nosos gaiteiros”. De 15:30 a 17:00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18:00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, ás 19:30 horas actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21:00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22:00 horas.