Foliada

Etiquetas:
20/10/2026

O Concello de Xove anuncia que a Asociación Cultural Saíñas organiza este sábado, 24 de outubro, a XVII Foliada da Mariña, “unha cita imprescindible para os amantes da música e do baile tradicional galego. A celebración terá lugar a partir das 17:00 horas na praza do Concello de Xove, onde os asistentes poderán gozar dunha tarde e noite cheas de música, baile e tradición”.

A foliada contará con diversas actuacións que amenizarán a xornada e que “converterán Xove nun punto de encontro para todas aquelas persoas que desfrutan do noso folclore e das nosas tradicións”, explica o Concello, que engade: “a maiores da participación dos distintos grupos de bailadores, gaiteiros e pandereteiras da A.C Saíñas a partir das 17:00 horas tamén serán participes desta foliada O Arco da Vella, Gamelas e Anduriñas e Pensamento e Sementeira. Pola noite, a partir das 21:00 horas contarán coa...

leer más
Etiquetas:
19/10/2026

A Asociación Cultural Saíñas, de Xove, celebra este sábado, día 24 de outubro, unha nova edición da Foliada da Mariña, coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

O deputado provincial Daniel García e integrantes do colectivo cultural presentaron o programa deste encontro,  que “encherá a Praza do Concello de música e baile tradicional a partir das 17.00 horas”, anuncia a Vicepresidencia da Deputación, que engade: “as actuacións de Pensamento e Sementeira, de Viveiro; Arco da Vella, de Barreiros; Gamelas e Anduriñas e das formacións de gaita e pandeireta de Saíñas  abrirán a xornada, que contará con concertos de Alana e Os do Fondo da Barra”.

Daniel García reafirmou “o compromiso da Vicepresidencia da Deputación de Lugo co asociacionismo de base” que, lembrou, “ten un papel fundamental na...

leer más
Etiquetas:
18/10/2026

Xove celebrará a XVII Foliada da Mariña o día 24 de outubro, sábado. Está organizada pola Asociación Cultural Saiñas, que anuncia: “chega a XII Foliada da Mariña, unha tarde noite para encher a Praza do Concello de música, baile, tradición e moita festa. E este ano, ademais, acompañaranos diferentes grupos da comarca para facer desta foliada unha celebración aínda máis especial. E, por suposto, tamén gozaremos das actuacións de Alana e Os do Fondo da Barra, para rematar a noite cunha foliada libre”.

As actividades comezarán ás 17:00 horas, Alana actuará ás 21:00 horas e a continuación farano Os do Fondo da Barra.

11/06/2026

A Praza dos Fornos da Pontenova acollerá esta fin de semana, sábado 13 e domingo 14 de xuño, a novena edición da Foliada A Chocolateira, organizada pola Asociación Musical A Chocolateira coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o Concello da Pontenova.

O deputado de Mocidade, Daniel García, achegouse á Pontenova, onde recoñeceu e agradeceu o traballo das organizadoras do evento, que ultiman os preparativos para unha fin de semana festiva arredor da música tradicional.

A Praza dos Fornos encherase de actividade con actuacións musicais de A Chocolateira, Foliada de Bosente e Comando Curuxás, xogos tradicionais da man de Xotramu e Troitas Bravas, un obradoiro de baile con Marina Rancaño, un espectáculo de circo e clown con MeRE-CIDAMENTE ou un obradoiro de creación de chapas, distribuídos ao longo...

leer más
24/04/2026

O Concello de Cervo anima a veciños e visitantes a asistir o sábado 2 de maio á X Foliada e á Feira de Artesanía, que terá lugar na Praza do Souto durante todo o día.

“O día está repleto de actividades diversas pensadas para desfrutar con amigos e familia”, anuncia o Concello de Cervo, que especifica: “ás 10:00 horas haberá un obradoiro de Percusión Miúda, con Ramón Dopico, nas Escolas Vellas de Cervo, que dará paso á apertura da Feira de Artesanía e Alimentación. Tamén pola mañá haberá un roteiro interpretativo (A flora do Camiño Real de Cervo) con Pedro Rolle que partirá ás 11:00 horas da Praza do Souto. Ao mediodía arrincarán os Pasabares coa participación de agrupacións de diferentes puntos da bisbarra. A continuación está prevista a sesión vermú con Mediarea. Xa pola tarde haberá un obradoiro de baile foliadeiro con Xabi Iglesias e...

leer más
16/01/2026

Vilanova de Lourenzá acollerá unha foliada o día 24 de xaneiro, sábado, para celebrar o 40 aniversario da asociación cultural Osorio Gutiérrez. Será desde as 19:00 horas no Multiusos Ponte de Cuñas.

“Para celebrar os 40 anos da AC Osorio Gutiérrez organizamos unha gran foliada aberta a toda a veciñanza! Os grupos interesados en participar podedes contactar connosco polas nosas redes sociais”, anuncia a organización do evento.

 

02/06/2025

A oitava edición da Foliada A Chocolateira celebrarase na Pontenova esta fin de semana, o venres 6 e o sábado 7 de xuño. Está organizada pola asociación Eco das Minas, que anuncia que haberá “obradoiros, xogos tradicionais, mercadiño artesanal e concertos para todas as idades. Unha xornada para bailar, cantar e disfrutar da música e da cultura tradicional”.

A VIII Foliada comezará o venres ás 19:30 horas coa actuación de A Chocolateira. Ás 20:00 horas terá lugar a proxección do documental Lévame a Idea, que “reivindica cunha óptica feminista o papel fundamental das mulleres na preservación da poesía, o canto e a cultura popular de Galicia, piar esencial da nosa identidade colectiva”. É unha produción de Navíos e Folerpas dirixida por Laura Varela, Iria Villares e Vanesa Siso.

O sábado abrirase o mercadiño...

leer más
Etiquetas:
31/05/2025

Ribadeo acollerá o día 6 de xuño, venres, a proxección do documental titulado Se canto é porque quero e un coloquio sobre este traballo audiovisual producido pola Real Academia Galega co gallo do Día das Letras Galegas deste ano. Será no Cine Teatro ás 20:30 horas. E despois, a partir das 22:00, haberá unha foliada aberta na rúa Pasarón y Lastra, na zona vella ribadense.

Estas actividades están organizadas polos colectivos locais As Vacas Fracas e Agrupación Cultural Francisco Lanza.

23/04/2025

O día 3 de maio, sábado, celebrarase a novena edición da Foliada e Feira de Artesanía de Cervo, que encherá de música e actividade a contorna da Praza do Souto e que contará un ano máis coa colaboración do Concello de Cervo e da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

Fervenza de Sargadelos, Fol do Raxal e A Morena organizan esta xornada cun amplo programa musical, con actuacións de Ailá (22.00 horas) e A Requinta de Lampai (14.00 horas), ademais dunha quincena de grupos de música tradicional no pasabares e na foliada.

O programa musical e a feira de artesanía  compleméntanse con actividades para diferentes públicos durante toda a xornada: un obradoiro de pandeiro e pandeireta (Noemí Basanta) e un paseo guiado (Guido Guía) pola mañá; xogos tradicionais (Xogando nas Nubes) e obradoiros de baile tradicional (Marcos Botana) e de enredos musicais (Oli...

leer más
27/05/2024

A Asociación Musical A Chocolateira, da Pontenova, organiza a súa sétima foliada para este sábado, 1 de xuño.

As actividades empezarán ás 12:00 horas cunha actuación de Branca Villares sobre Os Maios. Despois haberá sesión vermú con A Chocolateira e ás 14:00 horas terá lugar a actividade “Honra os nosos gaiteiros”. De 15:30 a 17:00 horas será o xantar, para o que hai que levar a comida. A continuación haberá billarda e xogos tradicionais a cargo de Troitas Bravas e Xotramu e para as 18:00 horas está programado un concerto infantil de Paco Nogueiras, ás 19:30 horas actuará o grupo Toxo Queimado e ás 21:00 empezará a cea. Rematarán os actos cun concerto do grupo De Ninghures, ás 22:00 horas.