Pinchos
Este venres e sábado, 19 e 20 de abril, e os seguintes, 26 e 27 de abril, entre as 20:00 e as 23:00 horas terá lugar a XIV Ruta de Pinchos do Vicedo. Os locais de restauración do concello poñerán á disposición do público unha serie de pinchos de elaboración propia ao prezo de 3,50 euros. Os comensais terán a posibilidade de puntuar en cada local o pincho correspondente e con cada papeleta entrarán a formar parte dun sorteo de dúas máquinas amasadoras de cociña.
Coas puntuacións obtidas en cada establecemento realizarase unha valoración para escoller o mellor pincho desta XIV Ruta de Pinchos. O premio para o local co mellor pincho e para os clientes afortunados coas dúas amasadoras será entregado na Casa da Cultura do Vicedo o luns 29 de abril as 19:00 horas.
Este primeiro fin de semana do venres 19 e sábado 20...
leer másO Concello de O Vicedo organiza a XII edición da Ruta de Pinchos que se celebrará os días 26 e 27 de abril e 3 e 4 de maio.
A primeira ruta terá lugar o venres 26 e sábado 27 de abril nos seguintes establecementos: Chiringuito de Abrela, en Suegos, e Restaurante Area Grande e Casa Fanego, en San Román.
Na segunda ruta, que se celebrará o venres 3 e sábado 4 de maio participarán: Cafetería Galatea, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo e Merendero Los Árboles en Xilloi.
Os locais servirán as súas tapas ao prezo de 2 euros en horario de 20:00 a 23:00 horas.
Haberá Premio ao Mellor Pincho, elixido polo público, e o sorteo de dous xamóns entre tódolos votantes, que serán doados polos establecementos participantes.
A...
leer másO Concello de O Vicedo organiza a XI Ruta dos Pinchos os días 4, 5, 12 e 13 de maio.
Os sete establecementos participantes servirán os seus pinchos a un prezo de 2 euros. O horario será os venres e os sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas e o domingo de 12:00 a 15:00 h.
Haberá dúas rutas e a primeira terá lugar o venres 4 e o sábado 5. Nela participarán cafetería Casa da Cultura con tropical de polbo á prancha con triguero crocante, café-bar San Esteban con albóndigas sorpresa, La Bodeguita del Puerto con capricho de La Bodeguita, e merendero Los Árboles de Xilloi con tixoliña de torresmos.
A ruta continuará o sábado 12 e o domingo 13 en Chiringuito de Abrela en Suegos con brocheta de filete recheo de bacon e roquefort con polenta de parmesano, restaurante Area Grande de San Román con O...
leer másA X Ruta de Pinchos en O Vicedo celébrase os días 12, 13, 20 e 21 de maio.
As elaboracións dos nove establecementos participantes poden degustarse os venres e sábados entre as 20:00 e as 23:00 horas, e os domingos de 12:00 a 15:00 horas. O prezo do pincho é 1´5 euros e haberá premio ao mellor elixido polo público. Ademais sortearanse dous vales de compra de 100 euros entre todos os votantes, un por cada ruta, doados polos propios establecementos.
A primeira ruta ten lugar o venres 12 e o sábado 13 en Cafetería Casa da Cultura, Mesón O Remo, Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto e Merendero Los Árboles.
A segunda ruta desenvólvese o sábado 20 e domingo 21 en Chiringuito de Abrela en Suegos, Restaurante Area Grande e Casa Fanego en San Román, e Café-Bar Alba e O Folgueiro.
A...
leer más