
A décimo quinta edición da Ruta de Pinchos do Vicedo celebrarase os días 16, 17, 23 e 24 de maio. O 16 e 17 será en San Román, Folgueiro e Suegos, mentres que os días 23 e 24 farase no Vicedo e en Xilloi. O prezo de cada tapa é de 4 euros.
Haberá un premio ao mellor pincho elixido polo público e sortearanse dúas planchas de asar entre tódolos participantes na ruta que voten.
É unha actividade organizada polo Concello do Vicedo, que explica que “os días e o prezo dos pinchos foron consensuados entre os establecementos participantes”.
Os establecementos participantes na primeira parte da ruta, que se desenvolverá os días 16 e 17, son: Restaurante Area Grande (San Román),
Chiringuito Abrela (Suegos) e Café bar Alba (Folgueiro). E os da segunda parte, que será os días 23 e 24 no Vicedo e Xilloi, son: Café-Bar San Esteban, La Bodeguita del Puerto, Mesón O Remo, Cafetería Casa da Cultura, Café-Bar Santo Domingo e Merendero Los Árboles.
O Concello do Vicedo explica que “os comensais terán unha papeleta para puntuar cada pincho. Entre tódolos votantes sortearanse dúas planchas de asar. A entrega do premio do público ao mellor pincho e o sorteo das dúas planchas de asar terá lugar o día 26 de maio ás 18:30 horas na Casa da Cultura do Vicedo”.