Quedada
O Vicedo acollerá unha carreira desde O Fuciño do Porco ata a praia de Caolín este domingo, 31 de marzo. Este evento deportivo está organizado pola Peña Ciclista Lar e o prazo de inscrición remata este mércores, 27 de marzo.
Haberá andaina, trail curto e trail longo. Os participantes serán trasladados en autobús desde o peirao de O Vicedo e ao finalizar as probas haberá duchas e pinchada no polideportivo de O Vicedo.
O Concello, en colaboración con AutoClásicos da Mariña Lucense, organiza a I Quedada de Vehículos Clásicos que se celebrará este sábado, 9 de febreiro, na localidade. Os coches estarán de 11 a 14 horas na praza do Concello e despois realizarán unha ruta por Burela. O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández Rey, anima a acudir a ver esta cita na que se darán cita vehículos dos anos 60 e 70.
O edil burelés anunciou que “o vindeiro sábado, día 9 de febreiro, imos ter aquí en Burela, en colaboración co Club Autoclásicos da Mariña Lucense, unha exhibición de coches antigos. Pedíronos autorización para poder facela aquí e desde a Concellería de Turismo pareceunos unha iniciativa interesante”.
Ramiro Fernández Rey contou que “na praza do Concello, a partir das once de mañá, imos ter unha demostración de coches antigos...
leer másCervo acollerá a II Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega este sábado, 30 xuño.
A concentración, organizada pola asociación local Chatarracing e por Astur-Vag, coa colaboración do Concello de Cervo, foi presentada polo rexedor, Alfonso Villares, polo edil de Deportes, José Ramón Soto, e por varios membros da organización.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña desde as 10:00 horas, e prolongarase durante toda a xornada; alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4x4…).
Villares apuntou que se trata dun evento co que diversificamos a oferta de ocio do municipio; e desde o Concello sempre “estamos dispostos a colaborar e a poñer a disposición terreos, instalacións e infraestruturas municipais para que as direferentes asociacións poidan...
leer másO Concello de Cervo acollerá a I Quedada (KKD) multimarca Astur-Galega o sábado 27 de maio.
A cita, programada conxuntamente con SoloVag Galicia e Astur-Vag, foi presentada polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, e varios dos organizadores.
A actividade terá lugar no Polígono de Cuíña, dende as 10:00 ata as 22:00 horas, e alí concentraranse todo tipo de vehículos, de todos os estilos (clásicos, racing, 4*4…).
A inscrición é gratuíta, e farase ese mesmo día nas propias instalacións.
Ao longo da xornada, ademais da propia exposición de vehículos, haberá probas de ruído, exhibición de 4*4, e moitas sorpresas e sorteos.
Haberá ademais entrega de trofeos ao grupo máis numeroso, ao coche máis antigo, ao condutor máis veterano...
leer más