fibromialxia
O Concello de Barreiros anuncia que “avanza no seu compromiso coa mellora da calidade de vida e a saúde da veciñanza” coa presentación da nova delegación na comarca da Mariña da Asociación Galega de Fibromialxia (AGAFI). O evento terá lugar este xoves, día 17 de setembro, ás 20:00 horas a carón do Concello, nas escolas unitarias de San Cosme de Barreiros.
“A creación desta delegación supón un paso importante para achegar á comarca o labor de AGAFI. Esta entidade traballa desde o ano 2000 na información, defensa e acompañamento das persoas afectadas por fibromialxia, dor e fatiga crónica, co obxectivo de ser unha ponte útil entre os afectados, as súas familias e o sistema sociosanitario”, explica o Concello de Barreiros, que engade: “durante o acto, a terapeuta ocupacional Lucía Moreda; especialista en afrontamento activo do dolor, insomnio...
leer más



