Xabier Paz

26/06/2025

O club de lectura da Biblioteca Pública Municipal de Barreiros despídese ata setembro organizando un café-coloquio aberto a todo o público. Na actividade estará o escritor Xabier Paz, autor do libro titulado A Barcelonesa, que compartirá reflexións, anécdotas e conversa arredor da súa obra e do mundo da literatura. Será este sábado, día 28 de xuño, ás 11:00 horas.

“Acompañaremos a xornada cun café e algún petisco, xa que se trata de que sexa un acto distendido”, anuncia o Concello de Barreiros.