Xabier Brisset
A asociación Mariña Patrimonio organiza unha charla do investigador e divulgador cultural Xabier Brisset Martín, que “afondará nun momento decisivo da historia mariñeira galega: a transición da pesca tradicional cara a un modelo extractivista, un proceso marcado por profundas transformacións culturais, sociais e económicas”. O acto celebrarase este sábado, día 14 de xuño, ás 11:00 horas no salón de actos da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), “entidade á que agradecemos a xenerosa cesión do espazo”.
“Baixo o título Patrimonio inmaterial: As ribeiras pescadoras e o extractivismo, o divulgador cultural Xabier Brisset Martín abordará o conflito que, a finais do século XIX, enfrontou dúas concepcións opostas da relación co mar: por unha banda, a cultura tradicional da pesca, autorregulada e integrada na natureza; por outra,...
leer más