turismo mariñeiro
O territorio do GALP A Mariña-Ortegal incorpora PescaTurismo Burela, unha experiencia de turismo mariñeiro desenvolvida no marco de Mar e Rías: Pesca & Turismo, un proxecto de cooperación no que participan os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) de Galicia. A proposta, desenvolvida por Miguel Ángel Couto Cilleiro, patrón do Virxen do Rocío, convida a descubrir a pesca artesanal de Burela desde dentro, acompañando ao profesional durante unha saída real de traballo a bordo da súa embarcación.
O GALP A Mariña-Ortegal explica que esta experiencia “permitirá coñecer como se prepara unha xornada de pesca desde o propio porto de Burela, embarcar no Virxen do Rocío e navegar ata a zona de pesca. Ao longo da saída, as persoas participantes poderán observar o traballo coas nasas empregadas para a captura de...
leer másO GALP A Mariña-Ortegal organiza un curso sobre turismo mariñeiro que se desenvolverá do 23 ao 27 de febreiro.
Os promotores desta iniciativa explican que “os oito Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia uníronse na promoción do proxecto de cooperación Mar e Rías: Pesca&Turismo, baixo a coordinación do GALP Ría de Pontevedra. Trátase dunha iniciativa de diversificación pesqueira que aposta polo emprendemento, a profesionalización e a creación de novas fontes de ingreso nas comunidades mariñeiras. No marco deste proxecto vaise impartir un Curso de Turismo Mariñeiro e Pesca Turismo, no que se ofrecerán ferramentas prácticas para desenvolver este tipo de actividades, poñer en valor o noso patrimonio marítimo pesqueiro e contribuír ao fortalecemento do sector. O curso celebrarase na semana do 23 ao 27 de febreiro, en horario...
leer más




