25N

Etiquetas:
24/11/2025

O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza actividades contra a violencia de xénero en Ribadeo os días 25 e 28 de novembro, martes e venres.

“Este 25N o Observatorio da Mariña pola Igualdade centrará os actos reivindicativos en Ribadeo: o propio día 25 colocaranse varias siluetas alusivas á violencia de xénero na praza 8 de Marzo. Para ese mesmo día e lugar, convocamos unha concentración ás 19:00 horas. O venres 28 teremos unha charla coloquio sobre Violencia de xénero e medios de comunicación, impartida por María Obelleiro, exdirectora de Nós Diario e Sermos”, anuncia o Observatorio da Mariña pola Igualdade.

Etiquetas:
23/11/2025

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Igualdade e do Centro de Información á Muller (CIM), presenta a programación deseñada para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, baixo o lema En Ribadeo, a violencia machista non ten lugar, nin escusa, nin silencio. Desenvolveranse os días 25 e 30 de novembro e 2 de decembro.

A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, subliña que “a programación deste ano busca implicar á comunidade ribadense desde múltiples ámbitos -educativo, social, artístico e cultural- para seguir construíndo un Ribadeo libre de violencias. Todas as accións pretenden reforzar a sensibilización colectiva e amosar que a igualdade é un traballo compartido, continuo e imprescindible.

Unha das accións centrais deste ano é o proxecto...

leer más
Etiquetas:
21/11/2025

O Concello de Ourol súmase un ano máis á conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, cunha programación que “combina a expresión musical e a participación cidadá como vías de sensibilización e compromiso social, baixo o lema Ourol di non á violencia contra a muller”. Os actos arrancarán o domingo 23 de novembro ás 17:00 horas no Centro Social de Merille, cun espectáculo musical da cantautora galega Su Garrido Pombo, titulado Patios de luz, “unha proposta que convida á reflexión a través da música e da palabra”. O martes 25 de novembro ás 12:30 horas celebrarase a VII Andaina da Eliminación da Violencia contra a Muller, cun percorrido simbólico polo Paseo da Rega de Ourol, no que se realizará a lectura institucional dun manifesto de rexeitamento á violencia machista. A actividade está aberta a...

leer más
Etiquetas:
20/11/2025

O Concello de Cervo vén de presentar a  programación institucional con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, “unha data na que se fai un chamamento á unidade social e ao compromiso colectivo para erradicar esta lacra”. O cartel da campaña recolle o lema Unha vela por ti, “símbolo de memoria, acompañamento e esperanza” e foi presentado este xoves pola alcaldesa, Dolores García Caramés; a concelleira de Muller e Igualdade, Pilar Armada; por representantes das ANPAS e da comunidade educativa, da asociación Mujeres en Igualdade de Cervo e da asociación Saúde Mental A Mariña, que colaboran no programa.

O martes 25 de novembro ás 19:00 horas na Praza dos Campos, terá lugar o acto central Unha vela por ti, que incluirá a lectura de manifestos, ademais dun acto solidario cuxa...

leer más
Etiquetas:
20/11/2025

Con motivo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o 25 de novembro, o Concello de Foz, a través da Delegación de Muller e Igualdade, organiza, durante este mes e o de decembro, un programa de actividades para conmemorar esta data, con diversos talleres relacionados coa muller, ademais de actividades didácticas dirixidas ó alumnado do centro educativo IES de Foz. Anunciouno a concelleira Ana Rojo.

A edil delegada de Muller e Igualdade especifica que “para dar inicio á campaña, e como acto simbólico e de reivindicación, colocarase unha pancarta contra a violencia de xénero, no edificio do Concello porase un lazo morado e farase o acendido das luces da mesma cor morada, como símbolo de loita contra a violencia de xénero. Seguidamente levarase a cabo unha concentración e lectura do manifesto...

leer más
Etiquetas:
20/11/2025

O Concello de Burela deu a coñecer a programación organizada para conmemorar o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. O programa inclúe accións de sensibilización social, actos públicos e actividades dirixidas á comunidade educativa os días 24, 25 e 30 deste mes.

No marco desta programación estará dispoñible un punto de lectura pola igualdade na Biblioteca Municipal, colocarase a pancarta conmemorativa e varios espazos do municipio tinguiranse de violeta como símbolo de apoio á loita contra a violencia de xénero.

O martes 25 de novembro, ás 12:30 horas, terá lugar na Praza do Concello a lectura do manifesto institucional, xunto cun punto informativo do CIM e un mosaico violeta co lema Non á violencia de xénero.

O domingo 30 de novembro,...

leer más
Etiquetas:
19/11/2025

O Concello de Viveiro presentou este mércores a programación do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Nela anunciouse que o concerto Melodías contra o silencio, organizado polo Concello de Viveiro e ofrecido polos grupos de adultos do Conservatorio, terá lugar este sábado, día 22 de novembro, ás 20.30 horas no Teatro Pastor Díaz. As actividades continuarán o martes 25 de novembro. Ás 11.00 horas gardarase un minuto de silencio e procederase á lectura do manifesto institucional. De seguido inaugurarase a exposición fotográfica e desenvolveranse obradoiros na Biblioteca Municipal de Viveiro, con sesións de 12.30 a 13.30 e de 18.00 a 19.00 horas, abertos ao público.

No acto de presentación das actividades participaron Mariña Gueimunde, alcaldesa de Viveiro; Saray Ventura, concelleira de Cultura; Antonio...

leer más
Etiquetas:
19/11/2025

Desde o Departamento Servizos Sociais, Sanidade Muller e Políticas de Igualdade do Concello de Xove continúan coa axenda de novembro, mes dedicado á eliminación da violencia contra as mulleres, cuxo día internacional se conmemora o 25N.

A axenda do 25N en Xove para o que resta deste mes é a seguinte: este xoves, día 20, ás 11:00 horas no Salón de Actos haberá un contacontos teatralizado en igualdade para público infantil titulado Vamos ao recreo; o martes día 25, iluminación e colocación do gran lazo violeta na fachada do Concello, pola eliminación da violencia contra a muller, e ás 11:30 horas no Parque do Concello haberá un Acto conmemorativo titulado Sementamos memoria, no que, en colaboración co CEIP Pedro Caselles, plantarase unha flor de pensamento  por cada vítima da violencia machista deste 2025, acto aberto a...

leer más
Etiquetas:
17/11/2025

O Concello de Burela convoca á cidadanía a participar na IV Andaina contra a Violencia de Xénero, que terá lugar o domingo 30 de novembro ás 11:00 horas. A actividade enmárcase nas accións polo 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

A andaina seguirá unha ruta circular de 8 quilómetros, de baixa dificultade, con saída e chegada na Praza da Mariña, co obxectivo de promover a participación veciñal nun acto “simbólico e colectivo de rexeitamento á violencia de xénero”, segundo explicou a concelleira de Igualdade, Alexandra Fernández.

A concelleira destacou que “este tipo de accións son importantes porque visibilizan a unidade social fronte á violencia e recordan que a igualdade constrúese cada día, tamén desde o espazo público”. Engadiu ademais que “a participación cidadá é clave para...

leer más
Etiquetas:
12/11/2025

Con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25 de novembro), o Concello de Alfoz desenvolverá diversas actividades de sensibilización baixo o lema As feridas non sempre se ven. Serán os días 29 e 30 de novembro, sábado e domingo.

O Concello de Alfoz anuncia que “este lema quere facer visible que as mulleres que foron ou están feridas non sempre se ven, e que moitas das feridas causadas pola violencia non son visibles a simple vista, xa que tamén existen as que deixan marca no plano emocional, psicolóxico ou social. Durante a semana do 25 de novembro, a Casa do Concello tinguirase de violeta como símbolo da loita contra as violencias machistas. Ademais farase entrega de bolsas de tea co lema da campaña tanto ao alumnado do CEIP Plurilingüe Castro de Ouro como nas actividades dirixidas á poboación...

leer más