O Observatorio da Mariña pola Igualdade organiza actividades polo 25N en Ribadeo

Baixo o lema A violencia machista non se disfraza; denúnciase e combátese, o Observatorio da Mariña Pola Igualdade convoca unha concentración para o próximo 25N na praza 8 de Marzo de Ribadeo ás 20:30 horas. Anuncian que “nela lerase un manifesto explicando como funciona o triángulo da violencia machista, como esta violencia non é allea a ningunha muller; como é necesaria a prevención, a formación e integrar a educación afectivo-sexual na educación; como esta violencia é veciña, e o porqué da necesidade de participación social e política das mulleres e da necesaria implicación dos homes”.

Tamén explican que na praza 8 de marzo, de Ribadeo, prepararase “unha instalación do triángulo/escada da violencia de xénero, desde os micromachismos da base; a violencia psicolóxica, dixital, económica e patrimonial; a violencia vicaria; a violencia física, agresións sexuais a, no último chanzo, a asasinato machista. Tentaremos mostrar dunha maneira simbólica e visual como esta violencia vai minando física e psicolóxicamente as mulleres, chegando, incluso, a perderen as súas vidas”.

Así mesmo mulleres do Observatorio da Mariña pola Igualdade participarán nos actos do Concello de Burela, lendo parte do mesmo manifesto.