A escritora Iria Collazo participará nunha charla coloquio este sábado, 28 de novembro, en Alfoz

Dentro da programación do 25N en Alfoz, a escritora Iria Collazo participará nunha charla-coloquio arredor do seu libro titulado A muller de mentira, obra galardoada co Premio García Barros 2026. Será este sábado, 28 de novembro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Alfoz.

O Concello de Alfoz explica que é “un encontro para conversar e reflexionar sobre a identidade feminina, as relacións afectivas e a invisibilidade das mulleres, tomando a literatura como punto de partida. Unha oportunidade para compartir reflexións, escoitar diferentes perspectivas e dar voz a cuestións que nos afectan como sociedade”.