Peixe Espada

04/12/2025

Nove locais hostaleiros de Burela celebran do 5 ao 8 de decembro unhas xornadas gastronómicas do peixe espada nas que se poderán degustar diferentes pratos do “peixe máis representativo da frota de palangre de superficie local, que os pesca peza a peza con anzol en augas internacionais e europeas do Atlántico durante todo o ano”, explica a OPP Porto de Burela, que engade: “a hostalería de Burela segue potenciando así a súa oferta gastronómica”.

Desde a Asociación de Hostalería de Burela agradecen á OPP Porto de Burela “este tipo de sinerxias que está a facer co noso sector; desde as cociñas da AHB tamén queremos fomentar e potenciar o consumo de peixe de verdade e de calidade”.

Esta campaña realízase en colaboración coa Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela, dentro do seu plan de produción e...

leer más
27/03/2025

Esta fin de semana, do 28 ao 30 de marzo, terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas do peixe espada. Están organizadas por Acisa en colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. Na cita participan 15 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “como di o slogan do 28 ao 30 de marzo en Ribadeo trunfan espadas. Esta fin de semana, en Ribadeo, terán lugar as xornadas gastronómicas do peixe espada de Burela nas que participan 15 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita repartindo 75 quilos de peixe espada que distribuímos entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nestas xornadas sen ningún...

leer más
20/03/2025

Do 28 ao 30 de marzo terán lugar en Ribadeo as xornadas gastronómicas do peixe espada. Están organizadas por Acisa coa colaboración da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela. Na cita gastronómica participan 15 locais hostaleiros.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “como di o slogan do 28 ao 30 de marzo en Ribadeo trunfan espadas. Esa fin de semana terán lugar as xornadas gastronómicas do peixe espada de Burela nas que participarán 15 locais hostaleiros asociados a Acisa Ribadeo, que van ofrecer tapas e pratos preparados con este peixe capturado polos barcos do porto burelés. Grazas á colaboración da OPP-7 Burela puidemos desde Acisa organizar esta nova cita. A OPP facilítanos de forma gratuíta 75 quilos de peixe espada que imos distribuír entre os bares, mesóns e restaurantes que participan nestas xornadas...

leer más