Humor
En Augaxosa, a fermosa parroquia de Riotorto, a medio camiño entre Lourenzá, Riotorto e A Pontenova o vindeiro sábado, 14 de marzo, ás 21,00 horas, o Grupo Teatral O Centiño, de San Martiño, recuperará de novo a figura de Eduardo Pasmarote, o indescritible presentador de televisión que se converte en superheroe despois de inxerir inxentes cantidades de guindilla. De novo poderemos ver os programas "Al loro", "Repolos e centolos", o "Noticiario"... e tamén as complicadas relacións de Romualdo, Jacky e Pinky, Betti Gutiérrez, Manuela Tormentas e Ana Rosa, sobre todo cando teñen que enfrontarse aos dous miserables ladróns, tan inofensivos como torpes, Triquiñuela e Carajillo.
Dende Augaxosa, descendendo en grandes riadas dende a montaña, baixarán as risas e a alegría do Centiño, convertidas en teatro.
A Consellería de Cultura e Turismo impulsa a través do programa “O teu Xacobeo” o ciclo de monólogos Humor no Camiño, que organiza a Asociación Xuvenil Sagrado Corazón de Lugo e ao que achega 19.200 euros.
O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e o presidente da entidade organizadora, Óscar Engroba, presentaron hoxe o programa, que inclúe dez paradas noutros tantos concellos polos que discorren os Camiños Primitivo, Norte e Francés, todos da provincia de Lugo menos o de Melide, que inaugura o programa.
Os participantes son humoristas moi coñecidos polo público, e todos eles comprometéronse a crear monólogos que tiveran como eixe historias ou vivencias do Camiño. Abrirá a programación J.J.Vaquero na Casa da Cultura de Melide, este sábado ás 20.30 horas. E o seguinte actor en sumarse será...
leer másManuel Manquiña presentará Relatos Negros mañá, venres, no auditorio municipal de Burela. O humorista galego era un dos poucos que faltaba por pasar pola vila, segundo o concelleiro de Cultura, José Díaz, que anima a que ninguén se perda este espectáculo. As entradas seguen á venda online en ataquilla.com con oferta estes días de dúas por unha.
O edil burelés dixo que “este viernes, 27 de diciembre, a las nueve de la noche tendremos en el auditorio municipal de Burela la presencia y la actuación de Manuel Manquiña. Es uno de los actores y humoristas gallegos que nos faltaba por traer al auditorio de Burela, en los últimos cinco años. Ya lo intentamos en otras ocasiones, no fue posible, y ahora sí que lo tendremos aquí”.
José Díaz cre que “era importante que también él estuviera al igual que otros muchos cómicos...
leer másNa axenda cultural para a vindeira fin de semana en Burela figura a actuación de Sergio Pazos que presentará o seu novo espectáculo Afiando con humor. Será o sábado, 26 de outubro, ás 20:30 horas. O concelleiro de Cultura, José Díaz, lembra o vínculo que o actor ten con Burela desde que fora pregoeiro da Feira do Bonito. O prezo da entrada será de 5 euros. Ademais o domingo ás 20:00 horas o Coro do Hospital de Lugo ofrecerá unha actuación na Casa da Cultura titulada O cantar da nosa lingua, con entrada de balde.
O edil de Cultura, José Díaz, contou que “esta fin de semana temos dous eventos que penso que poden resultar interesantes para a nosa xente, ambos no auditorio. O primeiro deles é a actuación de Sergio Pazos o sábado, día 26, a partir das oito e media. Este novo espectáculo chámase Afiando con humor. Sergio Pazos xa estivera o ano...
leer másContinúa a bo ritmo a venda de entradas para o espectáculo que Luis Piedrahita ofrecerá este venres, 28 de setembro, en Burela ás 21:00 horas na Casa da Cultura. O concelleiro de Cultura, José Díaz, comenta que aínda quedan entradas, agarda que a cita sexa un éxito tal e como aconteceu no ano 2016, e anima a toda a xente da zona a achegarse a presenciar Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas.
O edil burelés comentou que “para cerrar el mes cultural en Burela tenemos una actuación este viernes, 28 de septiembre, prevista para las nueve de la noche, que es una actuación de Luis Piedrahita, el cómico, mago y humorista que ya estuvo aquí en mayo del año 2016 y que vuelve dos años después con su nuevo espectáculo que es Las amígdalas de mis amígdalas con mis amígdalas”.
José Díaz lembrou que “la otra vez fue...
leer másCaramuxo Teatro presenta Ela o sábado, 24 de febreiro, ás 18:00 horas no Teatro Pastor Díaz de Viveiro.
Ela é a nova proposta de Caramuxo Teatro para todos os públicos, e crea un mundo fantástico a través das cores, a arte e o universo creativo de Maruja Mallo. Trátase dunha mistura de poesía, humor, teatro e danza.
É unha adaptación de Laura Sarasola e Juan Rodríguez, que tamén interpretan a obra xunto a Suso Jalda.
A Concellería de Cultura ven de presentar o ciclo A Mariña en clave de humor, que se desenvolverá de decembro a marzo. Catro coñecidos actores e monologuistas actuarán na Casa da Cultura de Burela. Abrirá este ciclo Enrique San Francisco o día 9 de decembro ás 21:00 horas, El Sevilla estará o 12 de xaneiro, Miguel Lago intervirá o 4 de febreiro e pechará este ciclo de humor Carlos Blanco o 11 de marzo. O prezo das entradas en anticipada será de 10 euros e 13 na billeteira.
O concelleiro de Cultura, José Díaz, anunciou: “queremos presentar desde la Delegación de Cultura un evento periódico que dura cuatro meses, que acabamos de cerrar ahora y que creo que va a ser muy atractivo. Desde nuestro Concello seguimos apostando por traer cosas de calidad, o al menos intentarlo, la verdad es que muchas veces es casi increíble conseguir que...
leer másBarreiros acolle este domingo, 25 de xuño, o espectáculo de humor Inmedioteces.com.
Dinamoteatro, con Pedro Brandariz e Víctor Grande, pon en escena esta representación na que coa palabra, a mímica e a imaxinación, estes dous actores improvisan e crean historias breves cargadas de humor.
Inmedioteces.com terá lugar o domingo ás 19:30 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
A actuación está incluída no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta de Galicia e Agadic. Colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e a Oficina de Información Xuvenil.
Barreiros acolle a representación do espectáculo Falar sen Cancelas este domingo, 11 de xuño.
Culturactiva SCG pon en escena esta obra protagonizada por Isabel Risco, Pedro Brandariz e Fran Rei, e dirixida por Diego Rey. Os tres recoñecidos actores cómicos ofrecen unha gala chea de humor e comedia.
A cita será o vindeiro domingo, 11 de xuño, ás 19:30 horas, no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro en San Cosme de Barreiros.
Esta actividade enmárcase no programa Cultura no Camiño 2017 da Xunta e Agadic, e colabora o Concello de Barreiros a través da súa Concellería de Cultura e Oficina de Información Xuvenil.
Este sábado, 18 de marzo, Luis Davila e Carlos Blanco chegan a Viveiro co seu último espectáculo “Menú da noite”. Esta comedia poderá verse no Teatro Pastor Díaz a partir das 20:30 horas.
Luis Davila e Carlos Blanco deixan (momentaneamente) a saia escocesa e póñense esmokin para sachar como é debido. E ata cociñan caldo en directo. Literalmente.
O debuxante de Bueu e o actor arousán combinan novamente inxenios e artes para atopar o cóctel perfecto.
Desta volta viaxan a Broadway. Cos sachos, claro. E bailan (?) claqué e todo. Animación incluída. Un xoguete escénico, un traballo a dúo onde a comedia ten finalmente a cobertura visual que nunca tivo. Menú da Noite. Con música de Budiño e Kepa Junquera. Risas aseguradas (e debuxadas).