Ciclo
O Concello de Barreiros, a través da súa área de Igualdade e no marco do programa +Igualdade Barreiros, suma a súa voz por segundo ano consecutivo á celebración do Ciclo de Cine e Mulleres Rurais, unha iniciativa promovida polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación para “visibilizar o papel fundamental da muller no medio rural”.
Nesta segunda edición, o ciclo contará coa proxección de tres filmes que “poñen a muller no centro da narrativa, abordando cuestións como o sacrificio, o amor, a resiliencia e, con frecuencia, a invisibilidade que historicamente sufriron as mulleres no ámbito rural”, explica o Concello de Barreiros, que engade “todas as citas terán lugar no Centro Social de San Cosme ás 18:00 horas. O 25 de outubro, La buena suerte, de Gracia Querejeta; o 8 de novembro, La buena letra, de Celia...
leer másO auditorio da Casa da Cultura Manuel María de Foz acolle un ciclo de teatro amador os días 11, 18, 19 e 25 deste mes de setembro. Todas as representacións serán ás 20:30 horas e o prezo da entrada é de 3 euros.
Este venres, 11 de setembro, Max Teatro ofrecerá a obra titulada Así vai a construción. O día 18 de a Asociación Cultural de Teatro Pedroso representará O mundo ao revés. Ao día seguinte a Asociación Dramatúrxica Pico do Castro de Foz escenificará Trato a Cegas. E o 25 de setembro Teatro Pesadelo ofrecerá a obra Xa é hora.
O Concello de Burela participará no ciclo de conversas titulado Arredor do té, unha iniciativa impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para sensibilizar arredor da situación do pobo saharauí e das condicións de vida nos campamentos de persoas refuxiadas de Tinduf, en Alxeria. A actividade celebrarase o venres 19 de xuño, ás 19:00 horas, na Casa da Xuventude de Burela, no marco da conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que Nacións Unidas celebra o 20 de xuño baixo o lema Ata que todo o mundo estea a salvo.
O Concello de Burela anuncia que “as charlas serán impartidas por activistas saharauís, que ofrecerán un testemuño directo sobre a realidade do Sáhara Occidental e sobre as dificultades ás que se enfrontan as persoas refuxiadas nos campamentos de Tinduf. A proposta toma como referencia o...
leer másA compañía Nova Escena Teatro representará a obra titulada E.L. · Expectativa Lonxana este sábado, día 22 de novembro, ás 21:00 horas na Cada da Cultura de Trabada.
“Despois de ter que aprazar a función prevista para o pasado sábado día 1 por motivos de saúde dun dos membros do grupo, retomamos con ilusión os Ciclos Teatrais 2025/26! Este sábado 22 de novembro a Casa da Cultura acollerá a obra E.L. · Expectativa Lonxana, unha produción de Nova Escena Teatro, dirixida por María Márquez e escrita por Xoan C. Laxe. Unha oportunidade perfecta para gozar do teatro, apoiar ás compañías locais e compartir unha noite especial en comunidade”, anuncia o Concello de Trabada.
O Concello de Alfoz organiza un ciclo de teatro afeccionado que inclúe representacións todos os sábados deste mes de novembro na Casa da Cultura.
Comezará este sábado, día 8 de novembro, ás 20:00 horas coa comedia titulada O Randiña vai ó médico, do grupo O Torques, de Burela.”Unha divertida historia chea de humor e enredos, perfecta para gozar en familia”, anuncia o Concello de Alfoz. Ten unha duración de 60 minutos e está destinada a todos os públicos. Con entrada libre ata completar aforo.
O sábado 15 representarase a obra Aire fresco, a cargo de Ardora (Cervo); o día 22 Metátese Teatro (Palas de Rei) ofrecerá O xuízo; e o 29 rematará o ciclo coa obra titulada Estes vellos saben moito… ou non, de Os Pícaros de Lagoa (Alfoz).
A concelleira de Sanidade en Foz, Kathy Navarro, presenta un novo ciclo de charlas sobre saúde. Serán os xoves días 6, 13 e 20 de novembro as 20:00 horas na Casa da Cultura do Concello de Foz.
Kathy Navarro anuncia que “a primeira charla será o xoves día 6 e impártea unha focega de Santa Cilla, Lorena Legaspi Rodríguez, neurologopeda no Hospital Ribera Polusa, e vennos falar de A logopedia no dano cerebral adquirido. Continúa Nélida Fernández Fernández, xeriatra no Hospital Público da Mariña, falando da Prevención de caídas: Unha ferramenta para manter a independencia o xoves 13. Finaliza o ciclo de charlas o día 20 co interesante tema Transtornos do sono, a cargo de Gonzalo Gutiérrez Vázquez, psiquiatra na Unidade de Saúde Mental de Burela”.
“Con estas charlas achegamos información dos...
leer másEsta fin de semana, sábado 4 e domingo 5 de outubro, dá comezo o ciclo Mestre Mateo en Foz que achegará ata o día 16 de novembro os títulos finalistas deste certame que premia o mellor audiovisual galego.
O Concello de Foz organiza grazas a colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e da Academia Galega do Audiovisual este ciclo, no que nas vindeiras semanas se poderá gozar de curtas, películas e documentais de calidade excepcional. Este sábado comezará coa primeira selección de curtas, A nai, Véxote e Pura, desde as 18.30 horas na Casa da Cultura e o domingo a partir das 12.00 horas será a quenda de Avetimología, Noites de prata, Eu vou comigo e Platónico, platónica. A duración da primeira sesión é duns 60 minutos e a segunda duns 30 minutos.
A continuación as...
leer másO Concello de Trabada, en colaboración coa Deputación de Lugo, pon en marcha unha nova edición dos Ciclos Teatrais, unha programación cultural que se celebrará na Casa da Cultura de Trabada o primeiro sábado de cada mes, dende novembro ata xuño. O ciclo dará comezo o 1 de novembro coa obra Expectativa Lonxana, do grupo Nova Escena, e continuará con diferentes compañías teatrais da comarca e da provincia, como 57 Palabras, A Adala de Fazouro, Lume Escénico, Trípode, Pico do Castro, O Centiño e San Tirso del Eo. As representacións, de xénero principalmente cómico, serán ás 21:00 horas.
O alcalde de Trabada, Rubén García, destacou: “un ano máis seguimos apostando pola cultura como ferramenta de dinamización e encontro veciñal. Queremos ofrecer unha programación estable e variada, cun ciclo que xa conta cunha grande acollida e que...
leer másO Concello de Viveiro organiza un ciclo de contos que se desenvolverá os días 2, 4, 9 e 11 de setembro. Todos serán ás 19:00 horas no Atrio de San María.
“Este setembro chega a Ruada de Contos 2025, un ciclo cheo de maxia, historias e moita imaxinación para desfrutar en familia. Será ás 19:00 horas no Atrio de Santa María (en caso de choiva trasladarase á Sala Multiusos do Concello)”, anuncia o Concello de Viveiro.
O martes 2 Alba de Vales ofrecerá Contos arredor do lume; o xoves 4 actuará Rendos pequenos, con Charlatán Rodríguez; o martes 9 Dani García representará Tin; e o xoves 11 Fran Rei ofrecerá Superheroe.
O ciclo Maraxes da Osa continúa a desvelar a súa programación coa confirmación da segunda actuación desta edición. A cantante e compositora Mercedes Cañas subirá ao escenario o vindeiro sábado 10 de maio ás 21:00h na Casa da Cultura do Concello de Burela. As portas abrirán media hora antes, ás 20:30h.
As entradas xa están á venda a través da plataforma Wegow e na web oficial do ciclo. Os prezos varían segundo o tipo de público: 15 euros máis gastos de xestión en venda anticipada, 10 euros para persoas de 16 e 17 anos (introducindo o código MENOR16|17), entrada gratuíta para menores de 16 anos (coa reserva previa mediante o código MENOR-16) e 18 euros na billeteira o día do evento.
Mercedes Cañas, unha das voces máis prometedoras da nova escena musical estatal, comezou a súa carreira en 2019 co sinxelo Tirando a...
leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












