En Viveiro haberá un ciclo de contos os días 2, 4, 9 e 11 de setembro

O Concello de Viveiro organiza un ciclo de contos que se desenvolverá os días 2, 4, 9 e 11 de setembro. Todos serán ás 19:00 horas no Atrio de San María.

“Este setembro chega a Ruada de Contos 2025, un ciclo cheo de maxia, historias e moita imaxinación para desfrutar en familia. Será ás 19:00 horas no Atrio de Santa María (en caso de choiva trasladarase á Sala Multiusos do Concello)”, anuncia o Concello de Viveiro.

O martes 2 Alba de Vales ofrecerá Contos arredor do lume; o xoves 4 actuará Rendos pequenos, con Charlatán Rodríguez; o martes 9 Dani García representará Tin; e o xoves 11  Fran Rei ofrecerá Superheroe.