Arredor do té

Etiquetas:
11/06/2026

O Concello de Burela participará no ciclo de conversas titulado Arredor do té, unha iniciativa impulsada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade para sensibilizar arredor da situación do pobo saharauí e das condicións de vida nos campamentos de persoas refuxiadas de Tinduf, en Alxeria. A actividade celebrarase o venres 19 de xuño, ás 19:00 horas, na Casa da Xuventude de Burela, no marco da conmemoración do Día Mundial das Persoas Refuxiadas, que Nacións Unidas celebra o 20 de xuño baixo o lema Ata que todo o mundo estea a salvo.

O Concello de Burela anuncia que “as charlas serán impartidas por activistas saharauís, que ofrecerán un testemuño directo sobre a realidade do Sáhara Occidental e sobre as dificultades ás que se enfrontan as persoas refuxiadas nos campamentos de Tinduf. A proposta toma como referencia o...

leer más