
A compañía Nova Escena Teatro representará a obra titulada E.L. · Expectativa Lonxana este sábado, día 22 de novembro, ás 21:00 horas na Cada da Cultura de Trabada.
“Despois de ter que aprazar a función prevista para o pasado sábado día 1 por motivos de saúde dun dos membros do grupo, retomamos con ilusión os Ciclos Teatrais 2025/26! Este sábado 22 de novembro a Casa da Cultura acollerá a obra E.L. · Expectativa Lonxana, unha produción de Nova Escena Teatro, dirixida por María Márquez e escrita por Xoan C. Laxe. Unha oportunidade perfecta para gozar do teatro, apoiar ás compañías locais e compartir unha noite especial en comunidade”, anuncia o Concello de Trabada.


