Afeccionado
A Vicepresidencia da Deputación anuncia que fomenta a inclusión de teatro amador dentro das axendas culturais de Ribadeo, Cervo, Foz e A Pontenova durante esta fin de semana, do venres 16 ao domingo 18 de outubro.
O Grupo Humorístico Trípode representará a obra titulada Desequilibrados este venres, día 16 de outubro, ás 20 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval, de Ribadeo.
O grupo A Mariña ofrecerá A Historia dun Fidalgo para Sempre Lembrar este sábado, 17 de outubro, ás 19 horas no salón de plenos da Casa do Concello de Cervo.
A Caxiga, de As Nogais, escenificará A Herencia de Xoana este sábado ás 19 horas no salón de Actos da Asociación Cultural O Castro, de Vilaronte (Foz).
O Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, representará a obra Dona Clara...
leer másA Vicepresidencia da Deputación puxo en marcha unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que levará ás comarcas da provincia preto de cen representacións teatrais. Nesta edición, o programa contará con 32 grupos de teatro amador -once deles da Mariña-, con pezas de distintos xéneros e para diversos públicos. A área de Cultura mantén, así, “o apoio ás artes escénicas e ofrece ás asociacións e aos concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais”.
A deputada provincial de Cultura, Iria Castro, expresou a súa satisfacción por “organizar un ano máis este Circuíto, que leva 18 anos tecendo unha rede de compañías de teatro afeccionado que foi medrando e consolidándose, espallando o teatro por todo o territorio”.
As 32 compañías participantes no Circuíto de Teatro Afeccionado 2026 proveñen de 19...
leer másEste sábado, día 19 de outubro, o Grupo de Teatro A Mariña representará a súa obra titulada “Teatro contra o bullying. Eres único”. Será no salón de actos do Concello de Cervo ás 19:00 horas.
Esta representación está incluída dentro do circuíto de teatro afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Do 11 ao 13 de outubro terá lugar en Ribadeo a XXI Mostra de Teatro Afeccionado Daniel Cortezón, que foi presentada pola concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo, e pola viúva do autor ribadense, Mati González.
A edil ribadense indicou que “como cada ano lembramos ao autor ribadense Daniel Cortezón acollendo unha mostra do teatro afeccionado que se está a facer agora mesmo en Galicia. O Grupo de Teatro de Ribadeo é o anfitrión desta cita, que contará tamén coa participación de 57 Palabras, de Viveiro, e de Rebuldeira Teatro, de Sarria. As funcións serán no auditorio municipal ás 20.00 horas os días 11,12 e 13 de outubro (venres, sábado e domingo) e a entrada terá un prezo de 3 euros”.
Sanjurjo explicou que “o venres, o grupo 57 Palabras representa dúas pequenas obras: Orde e matrimonio e Entre nosoutras. 57...
leer másA trixésimo oitava edición da Semana do Teatro Afeccionado do Valadouro celebrarase desde o día 31 de agosto, sábado, ata o 6 de setembro, venres, no salón de actos da Casa da Cultura do Concello do Valadouro, con entrada de balde. Todas as representacións serán ás 22:00 horas.
O Concello do Valadouro anuncia: “nesta edición contamos con grupos de fóra e do sur da provincia de Lugo, sen esquecernos da representación mariñá nin dos grupos locais. Un dos grupos é a primeira vez que acude ó Valadouro e o resto é raro que se hai obra en cartel non acudan ó escenario da Casa da Cultura dentro da programación da Semana do Teatro ou mesmo noutras citas que coordina a Concellería de Cultura do Concello do Valadouro. Para que este programa se leve adiante cóntase coa axuda Xunta de Galicia”.
O día 31 de agosto o grupo da...
leer másO Colectivo Cultural Ollomao, de Barreiros, presenta en Burela a obra de teatro “O traballo de Andrea”, orixinal de Ignasi García Barba, con tradución e adaptación de Ramón Casas Oroza. Será na Casa da Cultura este venres, 22 de marzo, ás 21:00 horas.
É un representación para público adulto e o prezo das entradas é de 5 euros. Venderanse a partir das 20:00 horas.
Volve o teatro afeccionado á Casa da Cultura do Vicedo. Nesta ocasión o domingo 11 de febreiro ás 19:00 horas o grupo Andanzas, de Viveiro, presenta unha homenaxe aos irmáns Álvarez Quintero con 3 obriñas: "Sangre gorda", "Mañanita de Sol" e "Ganas de Reñir".
A organización desta actividade destaca que “este grupo de teatro afeccionado Andanzas xa estivo en máis ocasións no Vicedo e sempre con gran éxito”.
En Barreiros continúa o ciclo de teatro afeccionado coa representación de “Aire fresco” a cargo do grupo cervense Ardora Teatro.
Trátase dunha comedia apta para todos os públicos na que o seu autor, Francisco Piñeiro, trata de poñer o foco sobre os problemas comúns, que todos e todas temos na cotiandade, pero tenden a ser invisibilizados tras a crise provocada pola covid.
A representación terá lugar este sábado, 16 de decembro, ás 19.00 no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros con entrada de balde ata completar aforo.
O ciclo de teatro está enmarcado no circuíto de teatro afeccionado, que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha para manter o apoio ás artes escénicas así como ofrecer a asociacións e concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
O grupo de teatro Lume Escénico, da Pontenova, representará a obra titulada “Pontenova Fassion Wii” este domingo, 10 de decembro, ás 20:00 horas no centro sociocultural de San Cosme de Barreiros.
É unha comedia apta para todos os públicos, que está dentro do Circuíto de Teatro Afeccionado 2023 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo (Área de Cultura).
A entrada será libre e de balde ata completar aforo.
O salón de actos do Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Lourenzo, do Valadouro, acollerá este domingo, 3 de decembro ás 19:00 horas a representación da obra “O Velorio” a cargo do grupo Borguete Teatro, de Vilalba. É unha actividade con entrada de balde, incluída no Circuíto de teatro afeccionado 2023, promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
É unha adaptación da obra “Os cravos de prata”, de Nicolás Belá, dirixida por Guillermo Cancedo. A sinopse é: “Pat O'Connor é un terratenente enfermo que, nos seus aparentes derradeiros días de vida, planifica o seu propio velorio por todo o alto, sen ter en conta que tamaño estipendio podería supoñer o endebedamento da súa familia, a cal non está pola labor, e que desencadeará unha serie de situacións de difícil solución”.
- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »












