Cuba
Concello e Acisa fan un balance moi positivo do noveno Ribadeo Indiano, que remataba onte. O alcalde, Dani Vega, subliñou que o impacto económico achegouse aos catro millóns de euros.
O rexedor declarou: “temos que facer unha valoración moi positiva deste Ribadeo Indiano, que estivo organizado desde o Concello con Acisa. E tamén temos que dar as grazas á Xunta de Galicia e á Deputación de Lugo por toda a colaboración e tamén a todas esas persoas que quixeron colaborar para que isto saíse adiante”.
Vega dixo: “hai que dar as grazas a todos os veciños, porque durante estes días tamén causamos algún tipo de molestia nos aparcadoiros ou coas rúas cortadas, pero hai que entender que se trata dun evento importante para Ribadeo desde un punto de vista cultural, pero tamén desde un punto de vista económico. Podemos...
leer másOs establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será tras o remate do concerto que Vicente García ofrecerá na rúa San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2024 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa De Ribadeo a Cuba nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a cuarta vez que desde o Ribadeo Indiano enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende Acisa estamos a...
leer másA ribadense Sonia Fernández Amor, a afortunada coa viaxe a Cuba sorteada no marco do VIII Ribadeo Indiano, atópase disfrutando do seu agasallo na illa caribeña.
Desde Acisa o xerente, Jesús Pérez, conta que “Sonia Fernández e a súa parella atópanse en Cuba desde o pasado 23 de agosto e retornarán a Ribadeo o día 30 deste mes. O premio cubre o vo Madrid-Habana-Madrid, así como as estancias en hoteis de 5 estrelas (aloxamento e almorzo) tanto en La Habana como en Varadero, visado a Cuba e seguro básico de viaxe, entre outros complementos extra”.
Pérez Prada lembra que “Acisa Ribadeo repartiu entre o 23 de xuño e o 9 de xullo entre os seus locais asociados 150.000 rifas para o sorteo desta viaxe a Cuba. Esta é a terceira vez que unha parella goza deste importante premio, que é un auténtico reclamo para a clientela do...
leer másAs concelleiras de Cultura, Turismo e Benestar Social, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Elena Sierra, e a presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, asistiron á apertura da exposición de arte cubano contemporáneo Bitácora Incompleta, de Ricardo Miguel Hernández e Yunior Aguiar Perdomo, que se pode visitar ata o 9 de xullo en horario de 19:30 a 21 horas na casa indiana de Don Gonzalo Bedoya, no nº 12 da rúa San Roque.
Foron moitas as ribadenses e os ribadenses que se achegaron ata alí para gozar da beleza desa casa indiana e da mostra que alberga. E tiveron a oportunidade de departir cos seus protagonistas e con Ernesto Cruzado Estévez, o curador.
Bitácora Incompleta enmárcase na programación do Ribadeo Indiano 2023.
José Penzol Díaz, acompañado da súa dona e dunha filla, recolleu en Viaxes Eroski, en Ribadeo, o premio da viaxe a Cuba para dúas persoas que lle tocou no sorteo celebrado no VI Ribadeo Indiano. No acto de entrega participaron o presidente e o xerente de Acisa, Francisco Iriarte e Jesús Pérez, así coma a concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, e o persoal da oficina de Viaxes Eroski.
José Penzol cedeulle a viaxe a dúas persoas da súa familia, que o gozarán do 13 ao 20 de outubro. O premio cubre o vo de Madrid á Habana, o traslado posterior ao aeroporto, a habitación dobre con aloxamento e almorzo no hotel Habana Riviera By Iberostar de 4 estrelas durante 3 noites, o traslado desde a Habana a Varadero, habitación dobre con todo incluído 4 noites no hotel Iberostar Laguna Azul de 5 estrelas. Inclúe tamén vo desde a Habana a Madrid, o visado...
leer másMais de 130 establecementos de toda a vila, socios e non socios da patronal ribadense repartirán as mais de 200.000 rifas que se poñen en circulación dende mañá, 4 de xullo, ata o mesmo día 14 deste mes, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no Ribadeo Indiano.
No VI Ribadeo indiano os seus organizadores: Concello de Ribadeo e Acisa quixeron dar un paso mais e levar a dúas persoas a Cuba, país ao que se dedica a edición deste 2019. Segundo explican “hai que seguir facendo este evento mais grande, introducindo novidades e reclamos para os ribadenses e visitantes. Ademais é un xeito de premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época na que comezan as rebaixas e aumenta a afluencia turística”.
A viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 13 o 20 de setembro. O premio cubre o...
leer másOs preparativos do sexto Ribadeo Indiano, que se celebrará do 12 ao 14 de xullo de 2019, botaron a andar en Santiago de Compostela coa xuntanza que os organizadores, Concello e Acisa, mantiveron nas últimas horas coa Cónsul Xeral e co Cónsul da República de Cuba para Galicia, Asturias e Cantabria, Yahima Martínez Millán e Ángel Aurelio Torres Jaime.
A vindeira edición do Ribadeo Indiano estará dedicada a Cuba, de aí a celebración deste encontro.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, explicou que “unha delegación do Concello e de ACISA, da man do ribadense Ángel Rodríguez Anes, mantivemos un primeiro contacto co Consulado de Cuba en Santiago para iniciar a organización da nova edición do Ribadeo Indiano, que vai estar dedicado a Cuba”.
Para a edil...
leer másO Presidente da Deputación, Darío Campos Conde, os Alcaldes de Monforte, Láncara e Guitiriz,José Tomé Roca, Darío Piñeiro López e Regina Polín Rodríguez e o Concelleiro de Cultura de Ribadeo, José Farruco Graña, presentaron no CENTRAD, Son Galego, Son Cubano,un proxecto liderado por Roi Casal co que colaborao organismo provincial cunha achega total de 20.000 euros.Trátase da xira que terá lugar nos meses de xuño, xullo e agosto en ditos municipios.O Goberno provincial asume o 40% de cada concerto, mentres que o 60% restante é financiado polos Concellos.
Campos Conde avanzouque “esta xiraé de gran importancia porque ofrece unha actividade lúdica de primeiro nivel para os veciños, promove as relacións históricas entre Lugo-Cuba, tamén dinamiza culturalmente as vilas da provincia e xera riqueza noutros sectores como pode ser o turismo.”....
leer más